Convenio de colaboración Bispado de Lugo – Concello de Quiroga para rehabilitar tres igrexas

O 4 decembro asinouse un convenio entre o Bispado de Lugo, representado por Mons. Alfonso Carrasco Rouco e o Concello de Quiroga, representado polo alcalde Julio Álvarez Núñez. Con tal convenio, a administración local colabora coa Diocese contribuíndo economicamente con 21.000 euros no gasto de rehabilitación de tres igrexas: Santiago de Augas Mestas, Santa Baia de Bendollo e Santo Antonio de Vilanuíde. A próxima restauración dos tres templos xa conta cos permisos correspondentes.

Exposición de pezas elaboradas por presos na parroquia O Salvador de Hospital

Exposicion Hospital Quiroga

A parroquia O Salvador de Hospital de Quiroga acolle unha exposición do traballo que os internos do Centro Penitenciario de Bonxe realizan en distintos obradoiros (cadros e pezas de cerámica, madeira…). Xunto ás pezas preséntase o labor da pastoral penitenciaria na Diocese de Lugo.

 A inauguración foi trala Eucaristía vespertina do día 1 de maio, misa que estivo presidida por José Río Ramilo, director do Secretariado de Pastoral Penitenciaria. Durante a homilía mencionou os programas que ten en marcha tanto dentro da prisión como fóra cos presos hospitalizados, ou acollidos durante os permisos.

  A exposición pode ser visitada durante este mes de maio e primeiros de xuño. Está organizada pola Parroquia O Salvador do Hospital e o Voluntariado Penitenciario Lucense. Foto tomada do blog de Jesús Río

A %d blogueros les gusta esto: