Xornada da Sagrada Familia

Os anciáns, tesouro da Igrexa e a sociedade” é o lema da Xornada da Sagrada Familia 2020 que se celebra o domingo 27 de decembro. A Subcomisión Episcopal para a Familia e a Defensa da Vida editou os materiais para preparar esta Xornada.

Os bispos da Subcomisión asinan un nota na que destacan que na tradición da Iglesia hai unha bagaxe de sabedoría que sempre foi a base dunha cultura de proximidade aos anciáns, unha disposición ao acompañamento afectuoso e solidario na parte final da vida.

Coa mirada posta na pandemia do coronavirus, os bispos lembran ás numerosas vítimas, entre elas, “ocupan un lugar privilexiado os nosos maiores”. De maneira especial, sinalan, “ esmeremos os nosos coidados polos anciáns que aínda están enfermos”.

O día 27 de decembro ás 13 h celébrase o Día da Sagrada Familia na Catedral de Lugo cunha Eucaristía presidida polo Bispo Mons. Alfonso Carrasco Rouco. Haberá unha petición especial polos matrimonios que fagan o seu aniversario de voda.

Festa da Sagrada Familia

O primeiro domingo de Nadal celébrase en todas as parroquias a festa da Sagrada Familia, na que se nos convida a orar con e pola familia. Na Catedral de Lugo ás 13 h o sr. bispo Mons. Alfonso Carrasco Rouco presidirá a Eucaristía para dar grazas a Deus polas familias e ao remate saudará persoalmente ás familias asistentes. Os matrimonios que celebran aniversario de vodas serán obsequiados cun pequeno detalle.

[Materiais para celebrar esta festa]

Festa da Sagrada Familia en Teixeiro

En Teixeiro celébrase a décima edición da Festa da Sagrada Familia o domingo 27 de outubro. Comezan ás 11:30 h cunha conferencia de Xosé Luís Barreiro Rivas titulada “Valores cristiáns da familia”. Seguirá a Eucaristía presidida polo Sr. Bispo Mons. Alfonso Carrasco Rouco. E finalmente en dúas carpas unha comida de irmandade dos fregueses das parroquias de S. Pedro de Arcos, Santalla de Dumpín, S. Vicente de Pedreda, S. Xillao de Rubiás e Santa Mª de Teixeiro.

X. L. Barreiro Rivas é doutor en Ciencias Políticas. Foi vicepresidente e conselleiro de Presidencia da Xunta de Galicia e ex-deputado do Parlamento de Galicia.

Festa da Sagrada Familia

A Parroquia Santa María de Teixeiro (Lugo) organiza o domingo 4 de novembro ás 11h a Festa da Sagrada Familia. Haberá unha conferencia do director do Colexio salesiano de Lugo Óscar Bartolomé Fernández. Presidirá a Eucaristía o bispo de Lugo, Mons. Alfonso Carrasco Rouco e na parte musical intervirá o Coro de San Francisco Xavier.

A presentación da Festa da Familia correrá a cargo do inspector de ensino Federico Pérez Morán.

A %d blogueros les gusta esto: