O Colexio María Auxiliadora participa na campaña Domisal de toda España e Portugal

domisal

O colexio María Auxiliadora de Lugo participa nunha campaña chamada DOMISAL. É unha iniciativa que une a todos os colexios de Salesianas de España e Portugal para dar a coñecer un proxecto das Fillas de María Auxiliadora en países en vías de desenvolvemento e recadar fondos para o mesmo.

Este ano o obxectivo é o sur da India: na localidade de Kanakakunnu mellórase a vida de 150 familias con cursos de capacitación en agricultura e compostaxe, repartindo sementes e axudándolles na construción e reparación de tanques e pozos.

Iniciativas:

– Na portaría do colexio María Auxiliadora, hai huchas nas que se poden deixar achegas económicas.

Que sabes sobre India? Do 12 ao 20 de abril, está en marcha un pasatempo para descubrir India. Entre os alumnos participantes, sortéanse algúns exemplares do conto O soño de Pragasi editado pola ONGd Madreselva. Os participantes achegarán a cantidade simbólica de 30 céntimos.

– Mercadiño. Do 18 ao 21, nos recreos e o venres 22, na entrada de Mariña Española.

– Diariamente, nos Bos Días dáse a coñecer a realidade de Kanakakunnu e apréndese a valorar a auga e as plantas.

Conferencia de Carmen Villora sobre o carisma salesiano

O xoves 14 de xaneiro ás 17:30h no Colexio María Auxiliadora de Lugo Carmen Víllora Sánchez pronunciará a conferencia titulada “A fermosa tarefa de educar: o carisma salesiano”.

Carmen Villora é doutora en Filosofía e licenciada en Filosofía e Letras, en Pastoral Xuvenil e Catequética. Durante 3 décadas dedicouse á educación de adolescentes e xoves. Ten coñecementos nos temas de valores, transcendencia e relixiosidade. Na súa experiencia como educadora potenciou o acompañamento educativo para o crecemento integral da persoa.

Carmen VilloraCarmen Villora é profesora de Filosofía da Educación no Centro de Ensino Superior en Humanidades e Ciencias de Educación Don Bosco.

Ademais do seu libro El pensamiento religioso de María Zambrano, publicou en varias revistas especializadas: Estudios Filosóficos, Analogía filosófica: revista de filosofía, investigación e difusión; Revista Digital de Educación…

Este acto enmárcase dentro das celebracións organizadas con motivo dos 25 anos de presenza en Lugo das Fillas de María Auxiliadora, salesianas.

Fillas de María Auxiliadora: 25 anos en Lugo

COLEXIO Mº AUXILIADORA 25 ANOS

O día 24 terá lugar a apertura dos 25 anos das Fillas de María Auxiliadora (salesianas) en Lugo. Ás 11:30h hai unha Eucaristía na igrexa de San Francisco Xavier (Lugo) e a continuación o pregón de Encarna Saavedra. 

Durante o resto do curso haberá os seguintes actos:

  • Do 9 ao 14 de novembro: Semana vocacional; mesa redonda para alumnado

  • 10 de decembro: chocolatada solidaria

  • 14 de xaneiro: conferencia “A fermosa tarefa de educar: o carisma salesiano”, a cargo de Sor Carmen Villora, FMA

  • 29 de xaneiro: festa de Don Bosco

  • Febreiro: concurso literario e de debuxo “O meu colexio”

  • 18 de marzo: encontro de antigos alumnos

  • Abril: exposición fotográfica dos 25 anos

  • 15 – 24 de maio: Novena de María Auxiliadora, organizada polo ADMA

  • 24 de maio: festa de María Auxiliadora

  • 30 de xuño: día da familia. Peche da conmemoración dos 25 anos das salesianas en Lugo. Misa de acción de grazas.

A %d blogueros les gusta esto: