Curso sobre San Manuel González

Do 17 ao 19 de febreiro 2023 terá lugar un curso sobre San Manuel González baixo o título O itinerario misioneiro de San Manuel Gonzalez. Impulsar a mision compartida dos laicos na Igrexa. Será na Universidade da Mistica, Avila (CITeS). Desde Lugo tamén se organiza a viaxe para aistir a este curso de formación para laicos, que conta cos seguintes relatores:

  • Dª Aurora Mª López Medina. Doutora en Dereito, profesora de Dereito Canónico e Diplomada en Teoloxía. Universidade de Huelva.

  • D. Sergio Pérez Baena, Pbro. Vigairo Episcopal e Delegado de catequese e catecumenado (Zaragoza) Licenciado en Catequética.

  • Hna. Monica Mª Yuan Cordoviola m.e.n Doutora en Xornalismo e licenciada en Ciencias Relixiosas. Universidade CEU San Pablo.

  • D Francisco Gómez Gómez. Doutor en socioloxía, profesor de Servizos Sociais e Fundamentos Historia-Xurídicos na Universidade a Distancia (UNED)

Conferencias sobre San Manuel González e a catequese

Do 25 ao 27 de febreiro organízase unha viaxe a Ávila para asistir a tres conferencias que se realizan na Universidade da Mística baixo o título “Itinerario misioneiro de san Manuel como catequista e mestre de catequistas”. As conferencias serán:

1- San Manuel González: catequista eucarístico e eucaristizador por Aurora Mª López Medina. Doutora en Dereito, profesora de Dereito canónico e diplomada en Teoloxía. Universidade de Huelva

2- Regras pedagóxicas, o gran fin da Catequese e a arte ao servizo da Catequese por Sergio Pérez Baena. Vicario episcopal e delegado de catequese e catecumenado (Zaragoza). Licenciado en Catequética

3- O gran medio: a graza, Os dous mellores libros dun bo catequista. O neno e o Evanxeo pola irmá Mónica Mª Yuan Corduviola m.e.n. Doutora en Xornalismo e licenciada en Ciencias Relixiosas. Universidade CEU San Pablo

A saída de Lugo será o venres 25 de febreiro ás 13 horas (Praza de Bretaña) e regrésase o domingo 27 ás 21 horas. Información: Irmá Esther: 619 98 58 81

Triduo na honra de San Manuel González

A partir do 2 de xaneiro na Catedral de Lugo celébrase un triduo na honra de San Manuel González, cos seguintes actos:

Domingo 2 de xaneiro ás 18 h: oración e vésperas eucarísticas.

Luns 3 de xaneiro ás 18 h na capela do Bo Xesús conferencia do prefecto de liturxia da Catedral, Manuel Castro Gay: “Llevar la Eucaristía a la vida y la vida a la Eucaristía según el pensamiento de San Manuel”.

Martes 4 de xaneiro ás 20 h: celebración eucarística. A colecta adícase ao Fondo Solidario San Manuel González.

4 de xaneiro, San Manuel González

O sábado 4 de xaneiro é a festa de San Manuel González, Bispo dos Sagrarios abandonados, fundador das Marías dos Sagrarios e das Misioneiras Eucarísticas de Nazaret. Foi adorador nocturno.

A Catedral de Lugo acolle o 4 de xaneiro os seguintes actos na honra de San Manuel González:

  • 19:00 horas: – Adoración Eucarística na Catedral Lugo. Con textos de San Manuel.

  • 19:30 – Rosario bíblico comentado por San Manuel.

  • 20:00 – Celebración da Eucaristía. Colecta: para Fondo Solidario San Manuel González. (Comedor de nenos en Venezuela) Entrega de folleto coas pinceladas máis importantes da súa vida.

Unión Eucarística Reparadora e Marías dos Sagrarios Discípulos de San Xoán – Lugo organizan estes actos.

A %d blogueros les gusta esto: