Novena na honra de Nosa Señora de Lourdes

A igrexa de San Froilán (Lugo) acolle entre os días 3 e 11 de febreiro ás 19:30 h a Novena na honra de Nosa Señora de Lourdes. Cada día será un sacerdote diferente quen predique a Novena:

  • Venres 3: D. Daniel Gil

  • Sábado 4: D. Daniel García

  • Domingo 5: D. Alejandro Asorey

  • Luns 6: D. Jesús Vigo

  • Martes 7: D. Miguel Asorey

  • Mércores 8: D. Carlos Presas

  • Xoves 9: D. Jorge Vázquez

  • Venres 10: D. José Manuel Penela

  • Sábado 11: D. Manuel Otero

Colabora nestas celebracións a Hospitalidade de Nosa Señora de Lourdes de Lugo.

Peregrinación a Lourdes

Como vén facendo desde hai 33 anos ininterrompidamente, a Hospitalidade da Nosa Señora de Lourdes da Diocese de Lugo organizou unha peregrinación diocesana ao santuario francés desde o pasado luns día 1 ao venres día 5 de xullo. Nela participaron un total de 542 peregrinos, acompañados de 26 sacerdotes, 2 diáconos, 5 seminaristas maiores e unha gran parte dos compoñentes da xunta directiva da Hospitalidade, que viaxaron en dez autobuses. Os peregrinos participantes son: enfermos, persoal sanitario, hospitalarios e peregrinos, todos eles socios da Hospitalidade diocesana.

A peregrinación estivo presidida polo Vigairo Xeral da Diocese, José Mario Vázquez Carballo.

Houbo unha nutrida representación xuvenil: 39 nenos e mozos de distintos puntos da Diocese. O día 3 de xullo, os peregrinos da Hospitalidade de Lugo foron os encargados de acompañar o paso coa imaxe da Virxe de Lourdes.

Novena en honra de Nosa Señora de Lourdes

Do domingo día 3 ao luns día 11 de febreiro de 2019, ás sete e media da tarde, na igrexa parroquial de San Froilán de Lugo capital, está a celebrarse a Novena en honra de Nosa Señora de Lourdes. cada día preside un sacerdote peregrino da Hospitalidade Diocesana da Nosa Señora de Lourdes de Lugo, que colabora na organización da Novena.

Novena en honra da Virxe de Lourdes

Novena Lourdes JPEG

Na igrexa lucense de San Froilán hai unha novena organizada pola Hospitalidade Diocesana de Lourdes. É do luns día 3 ao martes día 11 de febreiro, ás 19:30 .

Os sacerdotes predicadores son:

– Día 3: David Varela Vázquez;

– Día 4: Miguel Asorey Otero;

– Día 5: Manuel Otero Méndez;

– Día 6: Jesús Santiago Vázquez;

– Día 7: Manuel Rodríguez Sánchez;

– Día 8: José Otero Seijas;

– Día 9: Mario Vázquez Carballo;

– Día 10: José L González Regueiro

– Día 11: Miguel Álvarez Pérez.

A %d blogueros les gusta esto: