Camiño de Santiago: sustentabilidade e ameazas para o ambiente

Na primeira sesión do Seminario de Ecoloxía Integral (22/09/2025) tratouse o tema do impacto ambiental do turismo relixioso. Fíxoo a profesora da Universidade de Santiago de Compostela Lucrezia López

A peregrinación a Santiago pode ser unha oportunidade para a sustentabilidade e incentiva a economía local se é equilibrada. Pode fomentar unha acción baseada en valores espirituais, que os peregrinos se consideren comprometidos con respecto á natureza.

O Camiño de Santiago ponnos diante un paradoxo: quen camiña para atopar o sacro, a miúdo deixan tras de si unha pegada que ameaza o natural. O reto é converterse tamén en camiño de conciencia ecolóxica, que cada peregrino entenda que coidar a contorna forma parte da propia experiencia espiritual. O que pode ser unha ameaza (erosión e desgaste dos carreiros, residuos) pasaría a ser unha oportunidade para demostrar que a fe e o respecto pola creación poden camiñar xuntos.

Impacto económico do Camiño de Santiago

O 22 de setembro comezou o Seminario de Ecoloxía Integral 2025, que organiza o Departamento de Ecoloxía Integral da Conferencia Episcopal Española en colaboración coa Fundación Pablo VI e Enlázate pola Xustiza. Esta semana e a seguinte reflexiónase sobre O Camiño de Santiago: un itinerario cultural, natural e espiritual para a construción da identidade europea.

Da primeira intervención, que foi do director do Departamento de Fundamentos da Análise Económica da Universidade de Santiago, Melchor Fernández Fernández, recóllense aquí algúns datos:

Os peregrinos supoñen, no caso de Triacastela o 30% da súa poboación de feito, tendo en conta, claro está, a fixa e a transeúnte. Como se calcula isto? Por cada peregrino que está un día só, necesítanse 365 peregrinos que estean tamén un día para ter un poboador equivalente a unha persoa equivalente aos que residen todo o ano no territorio. Os peregrinos que pasan por Triacastela supoñen exactamente o mesmo que un 30% máis de poboación anual nese territorio. A segunda poboación con maior impacto poboacional é Portomarín, localidade na que os peregrinos representan algo máis do 25% da súa poboación.

En que fan o gasto os peregrinos? O 61,42% do total do seu gasto vaise en servizos de comida e bebida, o 32,21% en servizos de hospedaxe, o 2,64% é gasto en transporte terrestre e o 2,22% en alugar automóbiles; o 1,51% noutros artigos manufacturados.

Stefan Pace. Logros vitais no Camiño de Santiago

Desde o ano 2019 Stefan Giovanni Pace leva percorridos 7600 quilómetros por diferentes rutas xacobeas, atravesando España e Portugal. A primeira ruta (Camiño Francés) non puido completala por problemas de saúde e os médicos acabaron diagnosticándolle un cancro. Suplicou a Deus que lle permitise peregrinar a Compostela, e aínda que foi extenuante facelo Camiño de Santiago, ao final os niveis en sangue melloraron e volveu comer normalmente. A súa relación con Deus volveuse máis íntima. No Camiño, aprendeu a facer fronte ao que tiña e a apreciar o esencial da vida. Puido romper cos anos de axuda necesaria de médicos, familiares, enfermeiras e farmacéuticos, desde a rutina diaria planificada até o máis mínimo detalle debido á súa enfermidade. Aínda que está infinitamente agradecido con estas persoas que o axudan, considerábase unha persoa determinado externamente que non poa levar a súa vida de xeito independente. Pero volveu tomar a súa vida nas súas propias mans.

Pode seguirse unha das súas peregrinacións na conta de Instagram @caminoperlapace

Canción dos peregrinos de Santiago en lingua de oc

 Moitas cancións que repetían os peregrinos para sinalar o seu paso polas cidades estaban construídas sobre o mesmo modelo. Entre as conservadas, presentamos aquí unha do século XIII ou comezos do XIV, É unha das escasas cancións de peregrinos en lingua de oc. O texto foi descuberto e estudado por primeira vez polo abade Four. (Duc de la Salle de Rochemaure (e R. Lavaud): Les troubadours cantaliens, Paris, sen data, n, 524-533)

Somos peregrinos da cidade que se chama Aurillac preto de Jordanne. Deixamos os nosos parentes, as nosas esposas e toda a nosa xente

para ir nun gran grupo ver Santiago de Compostela. Cristo, que pos dereito o que está ao revés, enriquece moito os meus versos!

Da nosa rúa e casa, preto do mosteiro de san Géraud, todos nós fomos á parroquia co fin de tomar as nosas cunchas.

Rezamos á Virxe para que nos poña no Paraíso, e nos exima da peaxe para facer ben a santa viaxe.

Cando estivemos aquí preto, en Burdeos, pasamos perigos sobre a auga «Deus! malpocados! como acabaremos se san Géraud non nos protexe?»

Cando chegamos a Bayona, moi preto dos países españois, fixo falta cambiar fermoso diñeiro por escudos e moeda corrente.

Cando estivemos en Vitoria, vimos a herba e as flores; felices, nun prado collemos lavanda, tomiño e romeu.

Cando fomos polas pasarelas, como tremían ao pasar por elas!. Criamos morrer: «Paz! ah paz! Salva aos peregrinos, Santiago!»

En Burgos, unha confraría mostrounos unha estraña marabilla: na súa igrexa, con gran calafrío, un crucifixo suaba.

En plena cidade de Léon, cantamos unha canción, e moitas señoras viñan escoitar aos fillos de Francia

Chegados ás montañas asturianas, os peregrinos pasaron moito frío; en Salvador adoramos día e noite un cravo da cruz.

Cando chegamos a Ribeira, os sarxentos quixeron encarcerar a mozos e vellos pero os Auvergnats dixeron: «Estamos aquí en nome de Géraud e do abade!»

Ao xuíz dixémoslle que viñamos rezar Deus, non para facer mal nin dano. O xuíz dixo: «Paz! boa viaxe!»

Estamos en Galicia. Santiago, garda aos peregrinos de pecado e dálles queixo e trigo para que fagan moito diñeiro.

Recemos por Monseñor o Abade que nos reconforta a todos na súa casa compostelá con pan, viño e provisións. Amén

Canso dels pelegrins de San Jac

Sem pelegrins de vita aicela

Que Orlhac proch Jordan s’apela

Avem laissatzs nostres parens

Nostras molhers e nostras gens,

Per anar en may clientela

Veyre San Jac de Campestela,

Que Crist que fa de drech avers

Molt enriquezisca mos vers !

De nostra rueta e ostal

Proch lo mostier de san Guiral

Sem estatz totz en la paroquia

Per far serqua de nostra cloquia.

Li-avem pregat dona Ver gis

De nos gitar en Paradis

E donar gracia de peatge

Per fayre be lo sant viatge.

Quan fuerem proch, en Bordaiga,

Calguèt aventurar sobre aiga:

«Deus, pecayre! que devendrem

Se san Guiral no nos defen?»

Quan fuerem lay en Beyanha,

Proch las encontradas d’Espanha,

Calguet cambiar bona peconha

Per escutz e moneta ronha.

Quan fuerem a Vitoria,

Vederem la verdor floria:

De joy presem lavendre, tym

En un deves, e ramorin.

Quan fuerem sobre-ls pontetz,

Quai tremol al passar qu’om fetz!

Creziam morir: A patzl a patzl

Salva los pelegrins, san Jacz!

En Burgos, una cofrairia

Mirific avent nos porgia:

En la soa gley’s, a pro tremor,

Us Crist suzava sa suzor.

Per mieg la vila de Lion

Li criderem una canson,

E las donas per abundansa

Venian auzir los filhs de Fransa.

Aribatz als mons Esturiet

Los pelegrins agron molt freit

E’n Salvador azorem totz

Jorn e nuech clavel de la crotz.

Quan fuerem en Rivedier,

Sirvens volgro metre en career

Vielhs e joines ; mas Alvernhat :

Sem per Guiral e per l’Abat !

Davan lo jutge lor dizem

Que per pregar Deus nos venem,

E no per far dam ni damnatge.

Lo jutge dis: «Patz, bo viatge!»

Sem en Galicia. O son Jacz,

Guarda pelegrins de peccatz

E dona lei formatge e blada

Per poder far molt pogezada.

Preguem per mossenhor l’Abat

Que nos a totz recunfortat

En la mayso sobre montanha

De pa, de vin e de manganha.

Amen

Valores do Camiño de Santiago: Deus

De Deus temos un primeiro coñecemento que move a poñerse en marcha para conseguir que a divindade se nos revele de xeito máis claro. Pode dicirse que o Camiño de Santiago, entendido como marcha cara ao Ideal, vén de Deus e conduce a Deus.  O peregrino sabe que a camiñada é unha realidade interior que tende a Deus.  O noso ideal é toparnos con Deus.

O Camiño de Santiago invita a recoñecer a un Deus máis grande cás nosas ideas e imaxinacións. É un Deus que transmite confianza. Un Deus sobre o que ensinou de palabra e obra o apóstolo Santiago.

A peregrinación estimula un culto a Deus bastante completo (ver, oír, cantar, escoitar, tocar, convivir…).

A experiencia do misterio de Deus durante a peregrinación sucede no interior da persoa, e entra de cheo no campo da fe. Hai persoas que notan que os chama unha forza superior a eles mesmos; que durante a peregrinación vaille falando con maior ou menor claridade; e que, de regreso a casa, dá un novo sentido á súa vida. A peregrinación está ligada ao sentido da conversión. Quen procura o santuario compostelán camiña en dirección á vida nova que Deus lle ofrece.

A %d blogueros les gusta esto: