Miguel Ángel Álvarez: Visita Ad Limina, a proximidade do Papa

Bispo Lugo con Papa

Foi noticia. A finais de febreiro e comezos de marzo os bispos españois fixeron a Visita Ad Limina. É a visita que, periodicamente, fan todos os bispos do mundo ás tumbas dos apóstolos Pedro e Paulo, para atoparse co Papa e informalo da situación das dioceses que teñen encomendadas.

Non é algo novo, faise desde sempre. Pero na actualidade, e grazas á globalización dispoñemos de imaxes e detalles case ao instante en calquera lugar do planeta.

Independentemente dos formalismos, este tipo de actos, mostran de forma afable a unidade da Igrexa, así como a proximidade afectuosa do Papa con todos os fieis do mundo a través dos nosos pastores diocesanos.

Pola súa banda, os bispos, que viaxan á Cidade Eterna, lévanlle ao Santo Padre toda a vida diocesana: o bo e o malo. Por suposto, que tamén lle levan o afecto e a proximidade de cada un dos católicos que peregrinamos baixo a guía do Bo Pastor, do que o Papa é o seu vicario.

Hoxe dunha forma especial, do mesmo xeito que facemos sempre na celebración da Eucaristía, pedimos polo Papa, e polos nosos bispos. É bo para nós ter pastores santos, por iso encomendámolos ao Señor, para que todos, eles e nós, vivamos na perfección da caridade.

Miguel Ángel Álvarez Pérez

Deixa un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

A %d blogueros les gusta esto: