Celebración do Día internacional do voluntariado

dia-do-voluntario-wp

Asociacións de Lugo (entre elas Cáritas) organizan o 5 de decembro a partir das 18h no Mercado de Abastos e a praza da Soidade unha serie de actos con motivo do Día internacional do voluntariado:

  • 18h Pintacaras e xogo Jungle Speed

  • 18:30h Exhibición de Gravitty

  • 19h Maxia, con Nacho Samena

  • 19:20h Lectura de manifesto

  • 19:30h Rap, com Corti Time

IX Encontro do voluntariado de Cáritas Galicia

CREATOR: gd-jpeg v1.0 (using IJG JPEG v62), default quality

O sábado 4 de xuño máis de 500 persoas desembarcarán en Mondoñedo, entre voluntarios, técnicos e membros dos equipos directivos das cinco Cáritas galegas.

O programa de actos, a partir das 10 h no claustro do Real Seminario ‘Santa Catalina’, inclúe unha degustación da tradicional tarta de Mondoñedo, Eucaristía na Catedral-Basílica, presidida polo bispo diocesano, Mons. Luis Angel de las Heras; saúdo de benvida a cargo da alcaldesa da cidade, Elena Candia, na Praza da Catedral, onde tamén se realizará unha foto de familia con todos os participantes; a conferencia ‘O voluntariado de Cáritas: pegada de misericordia’, pronunciada polo responsable de Voluntariado de Cáritas Española, Emilio López Salas.

Despois da comida no Seminario hai catro saídas culturais: Catedral e Museo Diocesano; Barrio de ‘Os Muíños’; Centro de interpretación do Camiño Norte; Basílica de San Martiño de Foz.

Encontro de voluntarios da Fundación O Noso Lar

voluntarios O Noso Lar para wordpress

O sábado 27 de xuño terá lugar en Lousada, Samos, un encontro de voluntarios e monitores da Fundación O Noso Lar. Con motivo de cumprirse 25 anos de traballo, farase balance do vivido ata agora por parte do voluntariado da zona de Samos. E comentaránse propostas de cara ao futuro, para que haxa vida no Concello. Será unha oportunidade de tomar conciencia de que puido facerse moito cando a xente colabora.

Diferentes personalidades,

diferentes cores de pel.

Uns os luns, outros os xoves ou…

os sete días da semana.

En todo tempo.

Todos cun horizonte común.

Homes e mulleres anónimos que

sudan a camiseta polos máis”.

Voluntarios, voluntarias.

A ilustración e os versos son da autoría de Matilde Arrizado.

VIII Encontro do voluntariado de Cáritas Galicia

Encontro voluntarios Galicia

O centro Europeo de Peregrinacións “Xoán Paulo II”, no Monto do Gozo, será o marco para a celebración do VIII Encontro do Voluntariado Galego de Cáritas. O día 30 de maio estarán no devandito lugar representantes das cinco dioceses compartindo experiencias e testemuños, coñecendo distintas realidades do voluntariado en Cáritas.

O secretario xeral de Cáritas Española, Sebastián Mora, pronunciará a conferencia central, co título “Presenza de Cáritas: Acción, sentido e espiritualidade”.

Os actos programados para a mañá pecharanse cunha Eucaristía, presidida por Jesús García Vázquez, delegado episcopal de Cáritas Santiago e na que participarán delegados episcopais e consiliarios da institución.

Trala comida de confraternidade, os asistentes trasladaranse á Cidade da Cultura para realizar unha visita guiada polas distintas exposicións centrándose fundamentalmente na actual “Camiño, a orixe”.

Para que Cáritas poida levar a cabo a súa misión, necesita organizarse e contar con persoas voluntarias, coas que facerse presente xunto ás persoas que viven a inxustiza da pobreza. No encontro insistirase en que o voluntariado é comprometido, activo, capaz de dar respostas, coherente coa misión que se lle encomenda, que vive os valores da solidariedade, a gratuidade, a igualdade. A denuncia das inxustizas sociais ocupa un lugar prioritario, así como a sensibilización e formación da sociedade.

A %d blogueros les gusta esto: