A importancia do testamento vital

Foto MarioVarias peticións de lectores obríganme a volver sobre este tema porque me manifestan o seu desexo de ter acceso a un modelo de testamento vital. O testamento vital é unha declaración asinada que facemos os católicos para que non se nos aplique a eutanasia nin tratamentos e medios desproporcionados que vaian contra a nosa vontade. Pódese copiar, adaptalo á vontade propia e asinalo indicando aos seres queridos o lugar onde se garda. Os católicos, desde fai tempo temos un modelo da Conferencia Episcopal Española que aquí transcribo:

“Á miña familia, ao meu médico, ao meu sacerdote, ao meu notario: Se me chega o momento en que non poida expresar a miña vontade sobre os tratamentos médicos que se me vaian a aplicar, desexo e pido que esta declaración sexa considerada como expresión formal da miña vontade, asumida de forma consciente, responsable e libre, e que sexa respectada coma se fose un testamento.

Considero que a vida neste mundo é un don e unha bendición de Deus, pero non é o valor supremo e absoluto. Sei que a morte é inevitable e pon fin á miña existencia terrea, pero creo que me abre o camiño á vida que non se acaba, xunto a Deus.

Por iso, eu, o que subscribe, pido que se pola miña enfermidade chegase a estar en situación crítica irrecuperable, non se me manteña en vida por medio de tratamentos desproporcionados; que non se me aplique a eutanasia (ningún acto ou omisión que pola súa natureza e na súa intención cause a miña morte) e que se me administren os tratamentos axeitados para paliar os sufrimentos.

 Pido igualmente axuda para asumir cristiá e humanamente a miña propia morte. Desexo poder prepararme para este acontecemento en paz, coa compañía dos meus seres queridos e o consolo da miña fe cristiá, tamén por medio dos sacramentos.

 Subscribo esta declaración logo dunha madura reflexión. E pido a quen teña que coidarme respecte a miña vontade. Designo para velar polo cumprimento desta vontade, cando eu mesmo non poida facelo, a ………

Faculto a esta mesma persoa para que, neste suposto, poida tomar no meu nome, as decisións pertinentes. Para atenuarvos calquera posible sentimento de culpa, redactei e asino esta declaración.

Nome e apelidos:

Sinatura:

Lugar e data:

Cando a morte prevese inminente e inevitable, pódese en conciencia “renunciar a uns tratamentos que procurarían únicamente unha prolongación precaria e penosa da existencia, sen interromper con todo as curas normais debidas ao enfermo en casos semellantes”. Certamente existe a obrigación moral de curarse e facerse curar, pero esta obrigación débese valorar segundo as situacións concretas; é dicir, hai que examinar se os medios terapéuticos a disposición son obxetivamente proporcionados ás perspectivas de mejoría. A renuncia a medios extraordinarios ou desproporcionados non equivale ao suicidio ou á eutanasia; expresa máis ben a aceptación da condición humana ante a morte.

Na medicina moderna utilízanse xa os chamados «coidados paliativos», destinados a facer máis soportable o sufrimento na fase final da enfermidade e, ao mesmo tempo, asegurar ao paciente un bo acompañamento humano. Neste contexto aparece, entre outros, o problema da licitude do recurso aos diversos tipos de analxésicos e sedantes para aliviar a dor do enfermo, cando isto comporta o risco de acurtarlle a vida. En efecto, neste caso non se quere nin se busca a morte, aínda que por motivos razoables córrase ese risco. Simplemente preténdese mitigar a dor de xeito eficaz, aínda que “non é lícito privar ao moribundo da conciencia propia sen grave motivo”. Ante a proximidade da morte, os seres debemos estar en condicións de poder cumprir as nosas obrigacións morais e familiares e, sobre todo, temos o dereito de prepararnos con plena conciencia para o encontro definitivo con Deus.

J. Mario Vázquez Carballo

Vicario Xeral

Leave a Comment

%d bloggers like this: