Conclusión do Curso de Formación en Matrimonio e Familia

A túa misericordia vale máis cá vida” (Sal 63, 3)

O Curso de Formación en Matrimonio e Familia quixo ser achega e estímulo para a renovación da Pastoral Familiar; pero, sobre todo, para a vida das familias. Fortalecelas na súa vocación, axudalas a vivir a felicidade que Deus desexa para cada un dos seus membros, contribuír a que poidan superar con éxito os retos aos que se enfrontan para vivir a grandeza e beleza da vocación á que foron chamadas. Unha acción evanxelizadora fundamental da Igrexa hoxe nas sociedades europeas: axudar a que as familias vivan plenamente a súa vocación, xerando un cambio na cultura. Temos que continuar neste proceso de conversión pastoral cara a “unha Igrexa capaz de dialogar con aqueles discípulos que, fuxindo dela, vagan sen unha meta, sós, co seu propio desencanto, coa decepción dun cristianismo considerado xa estéril, infecundo, impotente para xerar sentido” (Papa Francisco).

Damos grazas ao Señor pola súa misericordia, polo inmenso agasallo de permitirnos vivir esta experiencia cristiá de alto voltaxe! E, a modo de síntese, o Seminario de Clausura con José Noriega, propuxo algúns puntos decisivos para unha Pastoral Familiar potente:

– Debemos acompañar aos mozos, axudándolles a interpretar a experiencia amorosa e xerando neste proceso prácticas concretas que amosen a grandeza do verdadeiro amor.

– Só a xenerosidade non asegura este amor verdadeiro nas diferentes etapas da vida. É preciso xerar a virtude da castidade, que constitúe realmente a arte de amar.

– Como en Cristo, verdadeiro home, o Espírito entra na carne dos esposos (ministros do sacramento do matrimonio) e, coa súa acción rexeneradora, fai do camiño conxugal un camiño de santidade.

– Comunicar a plenitude que se vive (paternidade e maternidade) agranda o amor esponsal e lévanos a enxendrar, a educar, a construír unha persoa: unha vida grande e fermosa.

Crer é necesario; vivir non. Benestar, diñeiro, saúde, seguridades… non supoñen nada decisivo para a felicidade. É necesario prometer(se), casar, enxendrar, ser fecundos e entregarse ata colmar unha vida.

Crer! É preciso. E razoable. Vivir non. A súa misericordia vale máis que a vida.

Javier de Montse

Comunidade Caná

Seminario de clausura do Curso de Formación en Matrimonio e Familia

Seminario final Curso FMF

O 15 de xaneiro iníciase na Casa Diocesana de Exercicios de Santiago de Compostela este seminario baixo o título “A família: lugar da Nova Evanxelización”. O mencionado día ás 19h será a primeira das 4 conferencias que impartirá José Noriega Bastos, DCJM. As outras tres conferencias repatiránse ao longo do día 16.

Temas: interpretar a experiencia amorosa da xuventude, o desafío de xerar a castidade, a caridade conxugal, a magnanimidade da paternidade.

O acto é aberto, polo que calquera pode participar, aínda que non sexa alumno do Curso de Formación en Matrimonio e Familia.

[Máis información]

Última sesión do Curso de Formación en Matrimonio e Familia

Relatores 2

O 7 de novembro será a 10ª e última xornada do Curso de Formación en Matrimonio e Familia organizado polas cinco diócesis galegas. Tema: O aceite sobre as feridas: cara a unha pastoral da misericordia. A relatora principal é Mª Luisa Erhardt, que dirixe do centro Betania de acompañamento a mulleres separadas. Tamén participa o Delegado de Pastoral Familiar de Valladolid Fernando García Álvaro.

Nesta sesión buscaranse respostas a preguntas como as seguintes: Pode ser a ruptura matrimonial unha posibilidade de encontro e sanación? Unha familia que viviu o drama da separación pode esperar ser bendicida por Deus? Pode ser o lugar de educación no Amor que propón a Igrexa? De que xeito?

É imposible aprender na vida senón se aprende da vida. O fracaso forma parte do noso proceso de aprendizaxe e pode ser unha fonte de graza e bendición sen igual, coa condición de poñerse diante da realidade sen negar ou xustificar o vivido. Hai en nós unha grandeza maior que os nosos erros e límites; é a que brota do amor misericordioso co que somos amados por Deus. 

Curso de Formación en Matrimonio e Familia

Este sábado, 19 de setembro, en Silleda renóvase o Curso de Formación en Matrimonio e Familia  organizado polas dioceses de Galicia. A xornada estará dirixida pola experta en Counseling e directora do Centro de Escoita San Camilo de Valladolid, Mónica Campos Alonso.

Tema: a relación de axuda no marco da pastoral familiar, habilidades e destrezas inspiradas na psicoloxía humanista e que permitirán afrontar mellor a tarefa educativa e de acompañamento.

O horario do día 19 é o seguinte:

10 h Presentación e relatorio “Que é a Relación de Axuda”? Como se pode aplicar no ámbito pastoral coas familias?

12.30 h Relatorio – Elementos básicos da Relación de Axuda. Actitudes e habilidades (2ª parte)

16.10 h Taller-coloquio: Casos prácticos enfocados ao acompañamento e a escoita de persoas adultas

17.25 h Taller-coloquio Casos prácticos: Acompañar e escoitar a adolescentes, mozos e persoas non-practicantes.

A partir das 18.45 h presentaranse unha serie de experiencias pastorais:

Centro Escoita San Camilo– Centro de Escoita San Camilo de Valladolid, que se dedica á acollida e acompañamiento a aquelas persoas que están pasando na súa vida por unha situación de sufrimento ou especial vulnerabilidade, e tamén para aquelas que desexan dar un paso no seu proceso de crecemento persoal.

logo_raquel– Proxecto Raquel (Fundación Spei Mater e Fundación COF Diocesano de Lugo) proxecto de axuda ás mulleres que sofren a Síndrome Post Aborto.

Diocese de Donostia– Visión xeral da Pastoral Familiar. Teresa Martín Navarro (Membro do Equipo de Pastoral Familiar da Diocese de San Sebastián. Foi directora dos COF Diocesanos de Getafe e Palencia.

A %d blogueros les gusta esto: