Charla-taller sobre o acompañamento a nenos na experiencia de perda

O luns 2 de marzo ás 18:30 h. no Colexio María Auxiliadora (Lugo) Cristina Bandín impartirá unha charla-taller aberta a todo o público baixo o título “Dó e escola. Acompañar aos nenos na experiencia de perda”. Cristina Bandín é psicóloga, traballadora social e terapeuta familiar. Colabora co Centro de Orientación Familiar Diocesano de Lugo.

Cando un neno está en dó vense afectadas a súa atención, a súa concentración, a súa motivación pola aprendizaxe, porque as súas emocións están disparadas. Por todo isto é de gran interese para facilitar o desenvolvemento integral dos nenos, que os que están ao seu redor coñezan o que lles ocorre cando están en dó. Que poden facer os pais e os profesores? Que se debe evitar?

Actividades de Cáritas Lugo con nenos e adolescentes

O Programa de Infancia e Mocidade de Caritas Diocesana de Lugo organiza as seguintes actividades no verán:

Campamento Multiaventura Adolescentes: Do 4 ao 7 de xullo en Naturmaz, Mazaricos, (A Coruña).

Dirixido a mozos de idades comprendidas entre 14 e 17 anos.

Centro de Interese: “Os superheroes”

En Naturmaz poderán practicar actividades multiaventura: kaiak, tirolina, paintball, tiro con arco, parque aéreo, escalada, etc

Ademais fanse actividades relacionadas co centro de Interese, co fin de fomentar valores propios dos superheroes: a valentía, o traballo en equipo, a fortaleza, a xenerosidade.

Campamento Urbano XXV. Do 15 a 26 de xullo en Lugo no Colexio Rosalía de Castro.

Dirixido a nenos/as de 8 a 13 anos.

Centro de Interese: O cinema

Durante o Campamento Urbano, da man dun guionista os nenos participantes percorrerán a historia do cinema, desde o cinema mudo, pasando polo cinema fantástico, de aventuras, musicais, comedia, drama.

Xornada de oración polas vítimas de abusos

A Conferencia Episcopal Española (CEE) únese á petición do Papa para “orar polas vítimas de abuso sexual como parte da iniciativa da Xornada Universal da Oración”.

 A CEE acordou a celebración da Xornada de Oración polas Vítimas de Abusos, o 20 de novembro, Día Universal do Neno, e que se introduza unha intención na oración dos fieis polas vítimas dos abusos de menores.

[Subsidio litúrxico]

Actividades para a infancia

 O Servizo de Infancia e Xuventude de Cáritas Diocesana de Lugo organiza a mediados do vindeiro mes o Campamento Urbano XXIV (Lugo e Laxe 16-27 de xullo).

Pola súa parte, as Delegacións diocesanas de Pastoral Vocacional de Galicia organizan  campamento Monagos de Galicia é para nenos de 9 a 15 anos en Porto do Son do 9 ao 14 de xullo.

Námbolos dous casos é preciso inscribirse antes do 29 de xuño.

Mañás de Nadal organizadas por Ateibo

A Asociación Xuvenil Ateibo organiza no Colexio salesiano Divina Pastora (pza. da Milagrosa, n.º 10, Lugo) as Mañás de Nadal 2017. Nenos de 3 a 12 anos poderán participar nas actividades de tempo libre que se programan entre o 26 e o 29 de decembro e tamén na primeira semana de xaneiro (martes a venres). O horario é de 10 a 13:30h e hai servizo de gardería de 9 a 14h.

Máis información: cxateibo@yahoo.es

Ateibo é unha Asociación Xuvenil que pretende educar no tempo de lecer con animadores voluntarios. A misión destas persoas e proporcionar un acompañamento persoal con cada un dos destinatarios e reflectir o movemento xuvenil salesiano.

Outra actividade da comunidade salesiana que neste caso xa levou a cabo foi a Operación Quilo, achegando 1000 kgs. de alimentos para os máis necesitados. Ver web do Colexio.

A %d blogueros les gusta esto: