Testemuños de lucenses sobre as figuras de Xoán Paulo II e Xoán XXIII

canonizac Xoan XXIII e XP II

Varios lucenses asisten o día 27 á canonización en Roma de Xoán Paulo II e Xoán XXIII. Coa Delegación da Xuventude de Lugo, por exemplo, van sete persoas.

Aquí recollemos as impresións de varios lucenses sobre as figuras dos dous papas.

Gonzalo Fraga Vázquez, deán da Catedral, historiador:

O labor de Xoán Paulo ll como Papa foi extraordinariamente fecundo e intenso. Traballou pola unidade de Europa; tivo moito que ver na caída do comunismo; defendeu tenazmente a familia e os dereitos da persoa; mellorou as relacións co mundo da ciencia e da cultura; impulsou o diálogo con crentes e non crentes…”.

Xoán XXIII pasará á historia como o Papa que convocou o Concilio Vaticano II, que foi o maior acontecemento dos tempos modernos. Pero Xoán XXIII, coa súa naturalidade, coa súa bondade e a súa humildade, será o “Papa bo” que conquistou a católicos e non católicos. Eu mesmo puiden comprobalo escoitando ó pobo de Roma”.

Alfonso Vilariño Blanco, dtor. espiritual da Adoración Nocturna Feminina:

“Sería absurdo en catro liñas dar unha testemuña sobre o Xoán Paulo II. Con todo o risco digo que asumiu con coherencia, con coraxe e con esperanza a súa misión, centrada en dúas claves: “Abride as portas a Cristo; non teñades medo” e a Nova Evanxelización”..

A Xoán XXIII defínoo, como o aclamou o pobo romano: “O Papa Bo”. Tamén (non son orixinal), defínoo como aquela serventa romana: “un cristián auténtico na cadeira de Pedro”. Tomou ao pé da letra cada un dos artigos da fe que lle ensinaron.

As súas obras: convocar o Concilio Vaticano II, Sínodo en Roma e revisión do Código de Dereito Canónico.

A súa fe e espiritualidade, resúmeas en cada páxina do libro “Diario dunha alma”.

José Manuel Penela Campos, Chanceler-secretario Xeral:

“O que máis me impresionou de Xoán Paulo II foi a súa tenacidade no servizo a Cristo. A pesar dos seus achaques mostrou un entusiasmo e unha enerxía admirable, maior cá de moitos que por culpa de non ter gañas… déixanse levar pola comodidade”.

José Río Ramilo, dtor. do Secretariado de Pastoral Penitenciaria:

“Estar con Xoán Paulo II nunha Xornada Mundial da Xuventude era revivi-lo Sermón do monte pero no século XXI”.  

Deixa un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

A %d blogueros les gusta esto: