O esplendor da Diocese de Lugo

[JOSÉ MANUEL CASTRO ALBA]

Baixo o título “O esplendor da presenza” o pasado 3 de decembro abríase na capela do Pilar da Catedral de Lugo unha exposición onde se poden contemplar pezas de relevo
conservadas neste templo e outras recollidas en igrexas parroquiais. Destaca por riba de todas a custodia de Sáenz de Buruaga, testigo da devoción eucarística dos lucenses ó longo dos séculos, símbolo dun esplendor de fe que perdura no tempo. Recollen tamén este esplendor os escudos da cidade e do reino de Galicia, onde o Santísimo Sacramento era referencia principal. Foi posible contemplar esta pezas de preto polas obras de restauración da basílica lucense, obras que puxeron ó descuberto pinturas barrocas na bóveda do altar maior, calificadas pola prensa como “a capela sixtina lucense”, obra de José de Terán, pintadas no século XVIII.
Tamén recuperou o espendor orixinal a fachada da Catedral, onde a pedra loce de novo tralas labouras de limpeza das que foi obxeto. Estas actuacións permitiron darlle maior relevo a pezas e detalles que antes pasaban desapercibidos. As celeracións dos 50 anos das parroquais de Lugo durante o ano 2011 (San Antonio, A Milagrosa, Albeiros, Sagrado Corazón, e San Francisco Javier) falan tamén dun esplendor e adicación de moitas persoas que viviron a fe cerca dos máis necesitados. Recordáronse ó longo deste ano de celebración ás pesoas que iniciaron a vida parroquial empezando pola construción da mesma igrexa.
O esplendor da vida consagrada reflicte este esplendor da Igrexa ó longo dos tempos, pasando desapercibida de moitos nos seus labores de oracion e axuda ós máis necesitados. Homes e mulleres anónimos que constrúen Igrexa ali onde están. Persoas que transmiten seguridade e paz. Esplendor nas relixiosas que procurar que os famentos teñan o pan de cada día no comedor San Froilán, decenas de voluntarios nas cáritas parroquiais que coñecen as necesidades dos seus veciños e buscan os medios para poder axudarlles. Sacerdotes que gastaron a súa vida alimentando a fe en pobos e parroquias de toda a xeografía diocesana… Este é o verdadeiro esplendor da Diocese de Lugo. As persoas pasan, pero queda a súa obra, o seu recordo. Se os nosos antepasados foron capaces de deixarnos tales expresións de fe, como podemos contemplar na Catedral, e no traballo diario, como quedou reflectido nos distintos actos con relación ós 50 anos das parroquias de Lugo –por citar os acontecementos máis recentes– podémonos preguntar como sería o esplendor desas persoas para aqueles que as coñeceron. Sen dúbida que foron persoas espléndidas.

Deixa un comentario

%d bloggers like this: