Conclusión das xornadas “Experiencia de Deus a través da arte”

José Mª González Ochoa, da fundación SM, dirixiu as dúas sesións finais das xornadas Experiencia de Deus a través da arte: música e cinema. Foron o sábado 25 de marzo entre as 10 e ás 13:15 h. no salón de actos do Seminario.

González Ochoa primeiro deu a coñecer os elementos e estruturas da linguaxe cinematográfica, a maneira como identificar ideas e emocións nas películas (Memorias de África), a importancia dalgúns inicios (La vida de Pi, Invictus, Up), papel da música (Masters and commander, Star wars). E finalmente presentou elementos que sinalan a presenza de Deus ou o espiritual nunha obra cinematográfica.

Esta actividade estivo organizadas pola Fundación SM, a Delegación Episcopal de Liturxia, Relixiosidade Popular e Patrimonio Histórico Artístico e a Delegación Episcopal para a Educación na Fe da Diocese de Lugo. Para o ano que vén está prevista a realización dunha terceira edición destas xornadas.

Xornadas “Experiencia de Deus a través da arte”

Ignacio Yepes

O venres 24 de marzo no salón de actos do Seminario comezaron as xornadas Experiencia de Deus a través da arte: música e cinema.

O director de orquestra e compositor de música sacra Ignacio Yepes tratou a cuestión da escoita de Deus e comezou procurando afastar a idea de que a música é para unha elite, ou que se necesita ser un entendido para apreciala. En realidade  “a música é para todos e ninguén ten a franquicia de decidir o que hai que sentir, entender, oír, senón que cada un é dono do seu propio sentimento, da súa propia sensación ao escoitar algo”.

Tamén tratou sobre como establecer o diálogo con Deus a través da escoita: que mensaxe podes recibir ou como un pode expresarse, “nos dous sentidos, porque é como o estéreo da relación do home con Deus”.

Na súa intervención Ignacio Yepes foi poñendo exemplos musicais para mostrar o que se pode ver neles: o perdón, a alegría, o amor de Deus, a morte, a resurrección, o ecumenismo.

Ás 20 h a Capela do Seminario acolle o concerto didáctico “Stabat mater de Joseph Haydn” a cargo da orquestra Terra Nova.

Estas xornadas conclúen o sábado 25 de marzo pola mañá con José Mª González Ochoa, da Fundación SM, que desenvolve o tema da presenza de Deus no cine actual.

 

 

Xornadas “A experiencia de Deus a través da arte”

Estas primeiras xornadas levaránse a cabo os días 1 e 2 de abril no salón de actos do Seminario Diocesano de Lugo baixo o título “A experiencia de Deus a través da arte”. Están destinadas aos profesores de relixión católica, o profesorado interesado na materia, os catequistas e os axentes de pastoral da Diocese.

O programa é o seguinte:

Viernes 1 abril

16:30 Inauguración

17:00. COMO LER UNHA OBRA DE ARTE RELIXIOSA, a cargo de Mª José Muñoz López, profesora de Arte e directora do Museo e da Biblioteca Diocesana de Córdoba.

18:45. A EXPERIENCIA DE DEUS NA ARTE EN DIÁLOGO CO CURRICULO, a cargo de Antonio Roura, director da revista Religión y Escuela.

Sábado 2 abril

10:00. COMO LER UNHA CATEDRAL CATÓLICA, a cargo de Mª José Muñoz López, profesora de Arte e directora do Museo e da Biblioteca Diocesana de Córdoba.

12:00 A CATEDRAL DE LUGO. A ARTE, EXPRESIÓN DUNHA PRESENZA, a cargo de Marcos Gerardo Calles Lombao, Doutor en Historia, Xeografía e Historia da Arte. Director do Museo Diocesano e Catedralicio de Lugo.

Organizan estas xornadas o Departamento de Patrimonio Histórico-Artístico da Diocese de Lugo, xunto coa Fundación SM, a Delegación Episcopal de Liturxia, Relixiosidade Popular e Patrimonio Histórico Artístico e a Delegación Episcopal para a Educación na Fe.

Coñecemento a fondo da Catedral de Lugo

National Geographic convida a coñecer a fondo a Catedral de Lugo coa arqueóloga Eva María Expósito Vilches e o deán da Catedral, Mario Vázquez Carballo. Aquelas persoas que previamente se inscribiron farán a visita na tarde do 25 de novembro e serán recibidos polo bispo da diocese de Lugo, Mons. Alfonso Carrasco Rouco e o director do departamento de patrimonio artístico da diocese, Jesús Salvador López.

A experiencia incluirá un longo paseo comentado por todos os espazos da basílica -as súas capelas, o coro, o presbisterio, a xirola e o claustro – e incluirá as torres, onde se contempla unha vista única da cidade. Tamén se visitará o Museo Diocesano Catedralicio, con pezas fundamentais da historia da arte cristiá como o Crismón de Quiroga.

A vida espiritual do artista cristián

Rosa Cruz

Necesitamos entrar na vida no Espírito. A porta de entrada é o amor… Antes que músicos, cantantes, bailaríns, somos fillos de Deus. Todo o demais non é tan importante. Ás veces vivimos mendigando, comendo as migallas, e somos fillos do Rei! Este é o primeiro paso para ser artistas de Deus.

Teño que tomar conciencia de que a miña vida é loanza do seu Nome, as miñas palabas, as miñas obras, a forma en que me movo, o que son, é o que dá gloria a Deus. Isto significa que poño a El en primeiro lugar e eu só son un micrófono, as miñas obras fan que Xesús tome o primeiro lugar. En situacións difíciles as miñas reaccións serán un acto de confianza en Deus. Nas pequenas cousas de cada día, se a miña forma de conducirme é unha loanza a Deus, logo, cando cante, tomaranme en serio. Cando dea testemuño, crerannos se no día a día ante as dificultades reacciono como Xesús. Se non, non servirá de nada.

 Un artista cristián cre no poder ilimitado de Deus, que resucitou e que segue facendo milagres hoxe, que o Señor é dono de todas as cousas. Calquera cousa que pidades no meu nome eu daréivola. Eu vin milagres, de sanación interior, física, de reconciliación, porque Cristo está vivo. Se o creo, cando canto transmítoo coa miña voz, coa miña mirada, coa miña palabra, e o que me escoita poderá crelo e abrirase á esperanza de ser amado. Do contrario, eu cantarei moi bonito pero non me crerán, e se non cren o que digo non crerán en Xesús. Teño que pedirlle ao Señor que me dea unha fe total no seu señorío.

Festival no que participou este verán Rosa Cruz

 Hai unha palabra que me conmove, gustaríame tanto que o Señor puidese dicir isto de min: “Velaquí un verdadeiro israelita, en quen non hai dobrez“ (Xn.1:47) Ti es íntegro, en ti pódese confiar, é o máis fermoso que o Señor pode dicir dun artista seu. Ti non tes fisuras, e ao caer, un arrepíntese e levántase, como o rei David, que pecou gravemente arrepentiuse e o seu corazón seguiu sendo segundo o corazón de Deus. Eu aprenderei a ser como David, cheo de forza e expresión de loanza, a danzar ante El e, ao mesmo tempo, a escoitar o que o Señor espera de min como María. Se somos íntegros o Señor daranos os carismas que necesitamos para a música, para o liderado, segundo necesitemos. Non esquezamos que cando nos subimos ao escenario somo líderes a lso que o Señor utiliza para guiar ao seu pobo na loanza, abrindo o camiño.

 Ser home/muller de Deus e de Igrexa. En realidade é unha vocación. Un verdadeiro artista de Deus descóbreo deste xeito. E entón o cansazo e o sacrificio non pesa. É moito máis grande o que o Señor fai contigo cando ti serves que o que ti estás dando. Realmente o noso ministerio como artistas cristiáns é unha escusa que ten o Señor para converternos máis cara á santidade.

 “Xa non vos chamo servos chámovos amigos“. Somos eses amigos do Señor que o que saben facer é cantar, bailar para El, para guiar ao seu pobo na loanza e a adoración cando nolo piden segundo o corazón de Deus.

 Non teñas medo de coñecer a Deus, non temas que che cambie a vida. El sabe o que che convén.

 Entra na gratitude, dá grazas a Deus por cada día de vida.

Entra na gratuidade. Nada o gañei. Nada merezo. Todo canto me deu é porque El me ama.

Rosa Cruz

[Audio da ensinanza de Rosa Cruz]

A %d blogueros les gusta esto: