Celebración de San Xoán de Ávila

O 10 de maio ás 11:30 h no salón de actos do Seminario comezan os actos de celebración da festa de San Xoán de Ávila, cunha conferencia titulada “San Juan de Ávila, maestro de la Eucaristía”, por Francisco Javier Díaz Lorite, párroco de Sta. María Madre de la Iglesia (Jaén). Ás 13 h na Capela do Seminario Maior celebrarase unha Eucaristía. Este ano cumpren 50 da súa ordenación presbiteral os sacerdotes da imaxe que ilustra esta entrada. E cumpren 25 anos o misioneiro comboniano Juan Antonio Fraile Gómez (cura de Palas de Rei) e Eduardo Funcasta Teijeiro (párroco do Sagrado Corazón, Lugo).

Actos en Lugo no día de San Xoán de Ávila

O 10 de maio celébrase a festividade do patrono do clero español, San Xoán de Ávila. Houbo unha conferencia do Bispo de Lugo, Mons. Alfonso Carrasco titulada “A indulxencia plenaria na Catedral de Lugo”, da que se extractan a continuación unhas liñas: 

“A concesión do privilexio da indulxencia plenaria, cotiá e perpetua á nosa Catedral de Lugo tivo lugar nos últimos días do Ano Xubilar da Misericordia.

“Esta indulxencia será sempre para nós, en primeiro lugar, unha obra de misericordia, na que resoan dalgún modo as obras corporais e espirituais da tradición católica: visitar ao enfermo, dar para comer ao famento, vestir ao espido -que analogamente se fai con quen busca indulxencia-, ou, igualmente, perdoar ao que nos ofende, consolar ao triste, soportar con paciencia os defectos do próximo, rezar a Deus polos vivos e os defuntos, etc. A indulxencia plenaria é, en si mesma, misericordia; e achegarnos a posibilidade de acceder a ela na proximidade das nosas casas, en Lugo e en Galicia, en condicións adecuadas ás nosas forzas, calquera día e todos os días, é tamén unha misericordia grande.

“En todo iso, no don desta “gran perdonanza” que se nos ofrece, brilla de modo singular e en especial a gratuidade profunda do amor. Non so porque nada ñxemos que merecese esta indulxencia, senón ante todo porque se trata dun compartir -totalmente libre- o persoal, o máis vivo e próximo ao corazón, aquilo en que Deus mesmo descobre a beleza, o ben e a verdade da vida dos seus, ao que quere recoñecer verdadeiro merecemento mesmo ante El.

“Neste compartir desinteresado móstrase a alma verdadeira do irmán e, por suposto, en primeiro lugar, de Cristo o noso Señor, que coa entrega de si mesmo, do seu Corpo e do seu Sangue, fixo xurdir esta “comuñón” de Deus e os homes, que atravesa os séculos e que chega hoxe a nos nesta indulxencia “lucense”.

 Trala conferencia, celebrouse a Eucaristía e a continuación un xantar. Na imaxe inferior, os sacerdotes que cumpren as vodas de ouro, co señor Bispo.

Celebración de San Xoán de Ávila

Entrada pola Porta da Misericordia - copia

No día da festa de San Xoán de Ávila celebrada o día 10 de maio, o clero lucense gañou o Xubileo da Misericordia.

Programa

11:00 horas – Salón de actos do Seminario: Oración

Conferencia: Jesús de Nazaret en el camino teológico de J. Ratzinger. O Decano de Teoloxía da Universidade San Dámaso, Gerardo del Pozo, fala da publicación conxunta na BAC dos tres volumes sobre Xesús de Nazaret escritos polo Papa emérito (foto inferior).

12:30 horas – S.I. Catedral Basílica: Eucaristía

14:00 horas – Seminario Diocesano: Xantar

 

conferencia san xoán de ávila

Celebración de San Xoán de Ávila

San Xoán de Ávila conferencia

A festa de San Xoán de Ávila celébrase o luns día 11 de maio, día no que son homenaxeados, ao cumprir as súas vodas de ouro sacerdotais:

Ángel Castro Granja

Dositeo Dabouza Fernández

Gonzalo García Vázquez

Luis González Fernández

José Ramón Vázquez Varela

Con este motivo terán lugar unha serie de actos no Seminario diocesano de Lugo:

 11.30 h Conferencia a cargo do Vigairo Xeral da Diocese de Burgos, Andrés Picón, sobre “A colexialidade do sacerdote”. (Foto superior)

 13 h Eucaristía, presidida polo Bispo de Lugo, Mons. Alfonso Carrasco Rouco.

 14 h Comida de irmandade de todos os sacerdotes diocesanos

A %d blogueros les gusta esto: