O doce nome de María

Cando lles nace un bebé a uns pais crentes, apresúranse a bautizalo para facelo cristián e, á vez, asígnanlle un nome co cal o inscriben no rexistro civil e no libro parroquial, nos cales se manterá para sempre.

Con todo, na denominación do neófito non sempre se comportan correctamente á hora de elixir o nome que levará o neno, pois para eles conta máis o gusto da familia, que o significado do nome que se lle impón á criatura, porque así o queren os seus proxenitores, ou porque ese nome tamén o levan outros membros da familia, aínda que o seu significado non faga referencia algunha ao neno.

A este respecto pode servirnos de exemplo o caso de que a alguén se lle impoña o nome de “Felipe”, que significa “amigo dos cabalos”, porque así lles parece ben aos seus pais ou padriños, sen pensar se o denominado “Felipe” xamais poida ter referencia algunha á equitación.

Non ocorreu así cando o Pai Celestial regalounos á súa nai como nai nosa: denominouna co apelativo de “Raíña e Nai” porque estes dous termos expresan o que a Santísima Virxe é en si e cal é o seu labor connosco. Raíña indica o sumo poder e afecto que lle deu Deus para velar por nós, e nai expresa a singular tenrura con que nos acepta como fillos. Raíña é a persoa que exerce o poder rexio por dereito propio ou conxuntamente co seu consorte o príncipe soberano dun Estado.

Pois iso é a Santísima Virxe, a persoa que, por designio da divina providencia, inflúe eficazmente na historia da humanidade, porque así o quixo o Señor, cando no intre cume da redención, diríxese ao Apóstolo Xoán, que representaba a toda a Igrexa, con estas palabras: “Fillo, aí tes á túa nai. Nai aí tes ao teu fillo” e, como a palabra de Cristo é palabra operativa, naquel momento, María quedou convertida na omnipotencia suplicante, e o seu corazón quedou feito corazón maternal para todos nós.

Por vontade de Xesús, en María os cristiáns temos o remedio de todos os males e a fonte de todos os bens. A palabra do Señor que enriqueceu o corazón de María co don da realeza e da maternidade universal, é aceptada incondicionalmente pola nosa Señora, e debe selo tamén polo corazón dos homes, porque paternidade e filiación condiciónanse mutuamente e, dalgunha maneira, tamén a nosa vontade condiciona o plan de Deus.

A vontade de Deus é sempre salvifica, e a súa vontade ninguén pode torcela, pero a realización do seu plan salvifico pode verse frustrada pola vontade do home que sempre ten a última palabra. De aí a nosa gratitude a Deus connosco, pero tamén a nosa responsabilidade ante a súa vontade salvífica, que, a pesar dos seus mellores dons para nós, respéctanos tanto, que a última decisión déixanola a cada un de nós.

Pidamos pois a María, a omnipotencia suplicante, que interceda pola nosa humanidade pecadora, para que converta a nosa resistencia á graza nun sincero si ao plan de Deus, a fin de que o plan salvífico do Señor sexa un patrimonio universal da humanidade.

Indalecio Gómez Varela

Cóengo da Catedral de Lugo

[Artículo en castellano]

Virxe María, Nai da Igrexa

O papa Francisco, a través dun Decreto da Congregación para o Culto Divino, estableceu que se celebre o luns seguinte a Pentecoste a memoria da “Virxe María, Nai da Igrexa”. Este ano é o 22 de maio.

O Decreto está asinado o 11 de febreiro de 2018, memoria da benaventurada Virxe María de Lourdes, e fíxose público o sábado 3 de marzo.

Segundo sinala o Decreto, “o Sumo Pontífice Francisco, considera atentamente que a promoción desta devoción pode incrementar o sentido materno da Igrexa nos pastores, nos relixiosos e nos fieis, así como a xenuina piedade mariana. Esta celebración axudaranos a lembrar que o crecemento da vida cristiá, debe fundamentarse no misterio da Cruz, na ofrenda de Cristo no banquete eucarístico, e na Virxe oferente, Nai do Redentor e dos redimidos”.

[Documentación]

Celebracións en honra da Virxe

Algunhas das celebracións en honra da Virxe nesta 2ª semana de setembro na Diocese de Lugo:

O Faro: trala romaría do día 8, terá lugar ás 17h do día 9 a Misa e baixada da imaxe ata Requeixo, onde haberá Misa á chegada da imaxe.

O Cebreiro:  celebracións na honra do Santo Milagre e Santa María a Real. Misas no santuario pola mañá e pola tarde dos días 8 e 9.

Virxe dos Remedios en Antas de Ulla: Ás 13 h de cada un dos dous días 8 e 9 celébrase a Misa solemne seguida da tradicional procesión acompañada pola Banda Municipal de Antas e a charanga O Recodio (o día 8) e pola Banda de Música Virxe do Carmen e o Grupo de Gaitas A Fiadeira (o día 9).

Cadeiras, San Vicente de Pinol, Sober: Romaría na honra á Virxe dos Remedios. Os veciños baixaron a Virxe desde Cadeiras ata a igrexa parroquial. O mércores día 7 en torno ás 20:00 horas subiuse a Virxe dos Remedios ao santuario. O xoves a xornada iniciouse a partir das 11:00 horas da mañá coa celebración das misas rezadas. En torno ás 13:00 horas ofíciouse unha Misa solemne con procesión. O venres día 9 celébranse as misas rezadas a partir das 11:00 horas e a tradicional Misa solemne en torno ás 13:30 do mediodía.

Virxe das Dores, Montouto, Santa Baia de Losón, Lalín: O 10 de setembro ás 20:30h é a procesión de fachos e o día 11 desde as 9h santas misas. A das 13h será Misa solemne, cantada polo Coro Rociero de Ntra. Sra. del Socorro (Cádiz).

Vixilia da Inmaculada

Copia de Vixilia Inmaculada

O día 7 ás 20h na igrexa de San Francisco Xavier, de Lugo, terá lugar a Vixilia da Inmaculada. Está organizada polas delegacións diocesanas de Familia e de Misións. É tamén unha ocasión para celebrar os 50 anos do documento do Vaticano II Ad Gentes (sobre a actividade misioneira da Igrexa) e os 25 anos da encíclica Redemptoris Missio. Sobre a permanente validez do mandato misioneiro

O propio día da Inmaculada, o 8 de decembro, haberá Misa solemne na Catedral ás 13h presidida polo reitor do Seminario, David Varela.

A %d blogueros les gusta esto: