Comunicado da Rede Galega contra a Trata

 A REDE, con motivo da organización en Lugo o 19 de setembro da III Xornada contra a Trata, quere manifestar a necesidade de traballar nos seguintes puntos:

1. Os avances lexislativos e medidas políticas realizadas entre 2008 e 20131 son claramente insuficientes. Séguense a incumplir compromisos adquiridos por parte do Estado Español na trasposición da Directiva Europea 2011/36/UE relativa á Prevención e Loita contra a Trata de seres Humanos e a Protección das Víctimas de forma completa. Por elo, é necesario a aprobación dunha lei integral contra a trata.

2. Ausencia de perspectiva de xénero e de dereitos humanos: non se toman medidas para evitar a re-victimización das vítimas intervindo dende un enfoque de política migratoria e de seguridade do Estado. Non existe, por tanto, unha abordaxe integral contra a trata nin o recoñecemento específico dun estatuto formal de vítima de trata (acceso a dereitos sociais, sanitarios, laborais, de protección integral, de acceso a xustiza e reparación do dano…) nin tampouco de protección integral e adecuada (siempre dependen da interposición dunha denuncia e da colaboración na investigación policial).

Ler máis

Clausura do Ano Xubilar Saletino

Ano Xubilar saletino

O pasado mércores 17 houbo unha procesión de fachos moi concurrida.

E o venres 19 conclúe o Ano Xubilar Saletino con misas cada hora desde as 8 da mañá. Presidida polo señor bispo, Mons. Alfonso Carrasco, ás 13 h haberá unha Misa solemne na que se coroará a imaxe da Virxe venerada no santuario e celebraranse os 50 anos de profesión relixiosa na congregación da Saleta, de Jaime Agüero, que nos anos 1980 estivo alternando a súa residencia entre Siador e Valladolid.

Pola tarde hai Misa ás 18h.

Juan José Pérez-Soba: “Crer que nalgún momento un non terá problemas é absurdo”

J J Pérez-Soba

O sacerdote e teólogo Juan José Pérez-Soba será o ponente da 4ª xornada do Curso de Formación en Matrimonio e Familia. A súa intervención leva por título “Amor conyugal e vocación á santidade”.

1. Propuxéronlle participar como docente neste curso. Por que aceptou?

Porque estou convencido de que a Igrexa debe afrontar hoxe o reto de construír unha nova pastoral cuxo centro é a Familia. Trátase dun campo que hai que abrir, que é importante e que necesita agora un impulso primeiro e especializado.

2. Por que podería interesar a alguén hoxe escoitar a un sacerdote falar de santidade e amor conxugalidad?

A santidade non é un ideal, algo inalcanzable, senón unha vida grande. Isto interesa a calquera persoa, como a todos nos interesa a sanidade. O contido fundamental desta 4ª xornada do curso é a santidade, o seu significado, e descubrir que santidade e amor están unidos, e por iso tamén o están o amor e a conxugalidade. Trátase de que a familia aprenda a vivir a vida que Deus lle comunicou como un don e unha aventura fantástica chea de aliciente. Entre outras cousas, porque deixamos de estar centrados nos problemas a resolver e pasamos a responder ao Amor divino que nos chama a unha misión espléndida para a que conta connosco. Nesta tarefa o sacerdote e a familia están íntimamente unidos como nolo ensinou San Paulo co matrimonio de Aquila e Priscila nunha colaboración que tivo uns froitos tan copiosos. Esa é a verdadeira imaxe da Igrexa que revitaliza a familia como “Igrexa doméstica”.

3. A que retos se enfronta hoxe quen desexa vivir plenamente a vocación matrimonial e familiar?

Os retos son -no fondo- sempre os mesmos. Trátase de responder a unha vocación de Deus; ese é xa un gran reto. Ao mesmo tempo, na actualidade hai que ser especialmente creativos, porque cambiaron moito as circunstancias da familia e hai que escoitar máis especialmente aquilo que Deus pide. E o reto maior creo eu que é atopar unha misión, a cal require unha entrega grande por parte do matrimonio.

Ler máis

Cuarta xornada do Curso de Formación en Matrimonio e Familia: Amor conxugal e vocación á santidade

O sábado 20 de setembro é a cuarta xornada do Curso de Formación en Matrimonio e Familia (CFMF) que organizan conxuntamente as dioceses de Galicia e que se celebra en Silleda. Estará dirixida polo teólogo e profesor de Pastoral Familiar no Instituto Juan Pablo II da Universidade Lateranense de Roma, Juan José Pérez-Soba. Nas súas diferentes intervencións abordará o tema do “Amor conxugal e a vocación á santidade” e explicará o significado do amor esponsal e a vocación á santidade como algo que está unido, porque o matrimonio supón participar do Amor de Cristo. Comprender a transcendencia desta verdade para a vida cristiá e o futuro da sociedade será o obxectivo desta xornada, na que se desenvolverá a cuestión do amor e as súas dimensións, da afectividad, do encontro e da comuñón.

Pola tarde, tamén estarán presentes o Bispo de Lugo, Mons. Alfonso Carrasco Rouco e o Bispo de Osma-Soria, Mons. Gerardo Melgar, membro da Subcomisión de Familia e Vida da Conferencia Episcopal Española. Mons. Melgar intervirá compartindo a experiencia que se leva a cabo nas parroquias da súa Diocese cos matrimonios novos. 

A %d blogueros les gusta esto: