Encontro de antigas alumnas do Colexio Santísimo Sacramento

Onde agora está o convento das salesas, á beira da Casa Diocesana, houbo o Colexio Menor Feminino Santísimo Sacramento, casa de formación cristiá e promoción da muller estudante, creada polo Bispo Don Antonio Ona de Echave. Hai 50 anos a provincia de Lugo só contaba con tres centros de ensinanza secundaria (Lugo, Ribadeo, Vilalba).

O 14 de maio na capela do Mosteiro da Visitación haberá unha Eucaristía coa que comezan o seu encontro as alumnas do curso 1966-1967, que ese día estarán en Lugo procedentes de varios lugares de España. A continuación haberá unha comida de confraternización.

Interpretación de “Misa a San Froilán” na igrexa de Santiago A Nova

misa-a-san-froilan-face

O venres 28 ás 20h na igrexa de Santiago a Nova será interpretada a Misa a San Froilán. Esta Misa, composta por Xavier de Acosta foi estreada o pasado 5 de outubro e agora será cantada por Marcos Fernández Mosquera, director del Orfeón Lucense.

Outra Misa cantada na mesma igrexa será o sábado 29 ás 20h. Neste caso Esperanza Iglesias tocará o órgano. Ás 20:30h iníciase un concerto do conxunto coral Lugh e a Asociación Cultural e Musical Solfa de Santiago.

Teatro: Na Parroquia Santiago a Nova intentan sacar adiante unha aula de teatro aberta a quen teña máis de 10 anos e desexe espertar e desenvolver os dotes de artista. Formaríase un pequeno grupo e logo fixar horarios e concretar as actividades.

Cáritas Sarria cumpre 50 anos

En 1965 iniciaba o seu labor Cáritas Interparroquial de Sarria polo que celebran as vodas de ouro.

O venres 4 ás 20h hai unha Eucaristía de acción de grazas e en memoria dos voluntarios e colaboradores xa desaparecidos. Esta Misa na igrexa de San Salvador estará oficiada polo Vicario xeral da Diocese.

Ás 21.30 h no hotel Alfonso IX, haberá unha cea benéfica. Parte do recadado dedicarase aos fins solidarios da entidade. Á cea poden acudir voluntarios, colaboradores e cidadanía en xeral. No transcurso da mesma a directiva de Cáritas repasará o feito nestes 50 anos.

Para este mes de decembro programa un mercado solidario e unha nova Operación quilo nos supermercados da vila.

Inicio da Novena da Milagrosa e do triduo a Cristo Rei

Na parroquia da Milagrosa (Lugo) comeza o día 19 a Novena en honra da Santísima Virxe da Medalla Milagrosa. A misa ofreceráse por tódolos defuntos da parroquia. O horarioco é o seguinte:

  • Rezo do Santo Rosario ás 19h.
  • Eucaristía ás 19:30h.
  • Exposición do Santísimo despois da Misa.
  • Confesións de 19 a 19:30 h.

Do 19 ao 27 de novembro na igrexa parroquial de S. Froilán hai os seguintes cultos: 19:15 Santo Rosario e exercicio piadoso da Novena e ás 19:30 é a celebración eucarística. A proclamación da divina Palabra está a cargo de Miguel Ángel Álvarez, párroco de San Froilán. O día 27, Festa da Santísima Virxe da Medalla Milagrosa, hai Misa solemne ás 11 da mañá.

Do 19 ao 21 de novembro, o Apostolado da Oración organiza na parroquia de Santiago A Nova un triduo preparatorio da solemnidade de Cristo Rei. Os actos terán lugar ás 19:30h comezando co rezo do Rosario, Triduo e celebración da Eucaristía. Presiden Luciano Armas e Luis Varela.

Apertura de curso no Seminario

Alonso Muñoz Pérez

O 25 de setembro tivo lugar a apertura do Curso 2015 – 2016 do Seminario Diocesano, o Instituto Teolóxico Lucense e o Instituto de Ciencias Relixiosas San Dámaso.

A Eucaristía Votiva do Espírito Santo na Capela Maior do Seminario estivo presidida por Mons. Alfonso Carrasco Rouco.

E a lección inaugural: «¿La excepción confirma la regla?» correu a cargo do profesor D. Alonso Muñoz Pérez (foto superior). Despois de falar do tema da excepción no mundo romano e no medieval, referiuse ao actual sistema educativo, coas seguintes palabras:

“As cargas burocráticas, os requisitos formais, os controis administrativos, o cumprimento dos requisitos de calidade, as acreditacións lingüísticas, por materias, por avaliación, por competencias, a consideración da transversalidade e demais barbarismos nunca se reducen senón que sempre se incrementan. Así cada vez máis desde as administracións públicas presiónase para que a educación sexa un asunto de oficina e cada vez menos un asunto persoal. Isto provén dos EEUU, onde a educación converteuse, polo menos o modelo xeral, nun simple filtro social da masa laboral. A este respecto, o preámbulo da actual lei de educación é formalmente marxista, pois sinala a causa económica como a medida de todo”.

A %d blogueros les gusta esto: