Intención de oración do Papa para agosto

O Papa Francisco comunica cal é a súa intención de oración para agosto, polos líderes políticos:

Hoxe a política non ten boa fama: corrupción, escándalos, afastada do día a día das persoas.

Pero, podemos avanzar cara á fraternidade universal sen unha boa política? Non.

Como dixo Pablo VI, a política é unha das formas máis altas da caridade, porque busca o ben común.

Falo da POLÍTICA con maiúsculas, non a politiquería. Falo da política que escoita a realidade, que está ao servizo dos pobres, non da que está encerrada en grandes edificios con longos corredores.

Falo da política que se preocupa dos desempregados e sabe moi ben o triste que pode ser un domingo cando o luns é un día máis sen poder ir traballar.

Se a vemos así, a política é moito máis nobre do que aparenta.

Agradezamos aos moitos políticos que desempeñan a súa tarefa con vontade de servizo, non de poder, todos os seus esforzos polo ben común.

Oremos para que os líderes políticos estean ao servizo do seu pobo, traballando polo desenvolvemento humano integral, traballando polo ben común, atendendo aos que perderon o seu emprego e dando prioridade aos máis pobres.

[Ver vídeo]

Oración das Nais

 

Oración das Nais é un encontro semanal para rezar especificamente polos fillos. Tamén se reza por maridos, netos, afillados e sacerdotes. En Lugo os encontros iniciáronse na capela da igrexa de Santiago A Nova o luns 27 de maio ás sete da tarde e seguirán cada luns no mesmo lugar á mesma hora. Quen desexe incorporarse pode facelo.

Oración e discapacidade 2024

Na tarde do luns 22 de xaneiro a Catedral acolleu o acto “Oración e discapacidade”. Presidiu César Carnero, que tras dar a benvida aos asistentes, deu paso a Marisol Bravos, que narrou a historia “Os zapatos cambiados”, comentada por quen presidía o acto e polos fieis. A lectura do Evanxeo foi a parábola do bo samaritano. A Xesús Sacramentado e á Virxe dos Ollos Grandes ofrecéronselle flores e cánticos. Na parte instrumental participaron Gerardo Castedo e a irmá Mónica Maldonado (guitarras) e Patricia Castro (fagot).

O acto, organizado por Patricia Rodríguez López coa colaboración das Misioneiras Eucarísticas de Nazaret, concluíu cunha chocolatada.

[Ver álbum fotográfico]

Oración con persoas con capacidades diferentes

O luns 22 de xaneiro ás 18 h na Catedral de Lugo terá lugar o acto “Oración e discapacidade”. Suxírese a asistencia cunha flor.

Patricia Rodríguez López dirixe a liturxia de oración ante o Santísimo e os temas centrais serán a discapacidade e a infancia. Colaboran as Misioneiras Eucarísticas de Nazaret.

Ao final haberá unha chocolatada.

Santuario do Corpiño: Festa da Visitación da Virxe e oración polo Sínodo

A Secretaría Xeral do Sínodo convidou aos Sínodos das Igrexas Orientais Católicas, ás Conferencias Episcopais e aos Santuarios marianos a celebrar un momento de oración o mércores 31 de maio. No día da Visitación da Virxe e final do mes mariano, confíanse a María os traballos da Asemblea Xeral Ordinaria do Sínodo dos Bispos.

Desde a Delegación de Liturxia convídase a todas as parroquias, na medida das súas posibilidades, para que ese día ofrezan o rezo do Santo Rosario por esta intención.

Na nosa Diocese, Mons. Alfonso Carrasco Rouco, presidirá dita oración no Santuario do Corpiño ás 17,30 horas do 31 de maio.

A continuación celébrase, presidida polo Sr. Bispo, a Eucaristía da Festa da Visitación da Benaventurada Virxe María. TAmén se procederá á bendición do novo órgano de tubos do Santuario do Corpiño.

[Oración para o Sínodo – fieis]     [Oración mariana para o Sínodo]

 

A %d blogueros les gusta esto: