Actos organizados por Mans Unidas na Campaña contra a Fame 2013

cartel Mans Unidas

Xoves 7 de febreiro

Ás 20 horas no salón de actos de Caixagalicia haberá unha conferencia ” Polos camiños da Solidariedade”. Relatora: Dona Marta María Machain de Singer. Directora de Proxectos en Asunción, Paraguai. Presenta Dona Blanca García Montenegro, Presidenta do Grupo El Progreso.

Venres 8 de febreiro: DIA DO XAXÚN VOLUNTARIO

Ás 19 horas, Eucaristía no Seminario Diocesano. A continuación, merenda solidaria no mesmo lugar. Donativo: 5 €

O peditorio en todas as igrexas do sábado 9 e domingo 10 de febreiro destinarase aos proxectos que MANS UNIDAS Lugo financia en Mauritania, Ghana e Uganda.

Novena de N. Sra. de Lourdes na parroquia de San Froilán

Novena LourdesNa parroquia de San Froilán comeza o día 3 de febreiro ás 19:30 a novena de Nosa Señora de Lourdes polos enfermos da Diocese. É unha novena organizada pola Hospitalidade de Lourdes, que conta cos seguintes sacerdotes predicadores:

Día 3: David Varela Vázquez;
Día 4: Daniel García García;
Día 5: Miguel Asorey Otero;
Día 6: Manuel Otero Méndez;
Día 7: Jesús Santiago Vázquez;
Día 8: Edelmiro Ulloa Rodríguez;
Día 9: Manuel Rodríguez Sánchez;
Día 10: José Lebón Sánchez;
Día 11: Miguel Álvarez Pérez.

2 de febreiro, Xornada para a Vida Consagrada

Xornada Vida Consagrada cartel

O día 2 de febreiro celébrase a Xornada para a Vida Consagrada, e con ese motivo, ás 17 horas hai unha Eucaristía na Catedral. 

Neste ano o lema da Xornada é: “A vida consagrada no Ano da Fe. Signo vivo da presenza de Cristo resucitado no mundo”. O lema lémbralles a todos os consagrados a vocación que teñen de ser testemuñas da Pascua no medio deste mundo.

Estas son algunhas das cuestións tratadas polo señor Bispo, Mons. Alfonso Carrasco na carta feita pública con motivo desta xornada. Ver escrito pastoral

Encontro dos membros de Vida Ascendente da Diocese

Vida Ascendente celebra o 1 de febreiro o Día do Maior na parroquia de San Francisco Xavier cunha Eucaristía ás 13 horas celebrada polo consiliario xeral, Ramón Álvarez Varela. A continuación hai unha comida fraternal. En todos estes actos participan membros de Vida Ascendente de Lugo, Sarria, Pol, Rábade, Monforte…

O movemento agradece a colaboración dos párrocos de San Francisco Xavier.

A %d blogueros les gusta esto: