O día 1 de febreiro, os Grupos de Oración e Amizade (G.O.A.) convídannos a orar polas familias no Altar do Bo Xesús da Catedral Basílica de Lugo ás 5 da tarde.
Diocese
Encontros prematrimoniais en Lalín
A primeira actividade formativa deste ano para novos matrimonios é na Parroquia Nosa Sra. das Dores de Lalín os días 30 e 31 xaneiro e 1, 2 e 3 febreiro. A hora de inicio é as 20:30h. Do 16 ó 20 de abril e do 7 ao 12 de maio haberá novos encontros.
Máis infomación: Na parroquia
Na Delegación Diocesana de Pastoral Familiar (Praza de Santa María, 1)
www.delegacionfamilialugo.blogspot.com
La Voz de la Verdad entrega premios ás mellores tarxetas de Nadal
O día 17 farase entrega dos premios ás mellores tarxetas de Nadal das que se presentaron ao concurso organizado pola libraría La Voz de la Verdad para escolares de Galicia. O acto será na libraría ás 20 horas.
Celebración de san Antonio na capela da Soidade de Lugo
O día de san Antonio Abade, o 17 de xaneiro, ás 5 da tarde, será a bendición de animais e exposición de santos na capela da Soidade de Lugo.
Reunión sobre Doutrina Social da Igrexa
O 11 de xaneiro, ás 19 horas hai unha reunión sobre Doutrina Social da Igrexa na rúa da Cruz, 3, 1º. O tema a tratar este mes de xaneiro será a conciencia humana, as realidades que inflúen nela e como formala. Encárgase da charla Antón Negro, Delegado de Acción Caritativa e Social.