Asemblea-Xubileu de catequese no Santuario do Corpiño

A Asemblea-Xubileu dos catequistas da Diocese de Lugo o 28 de abril, no Ano Santo Mariano, no Santuario do Corpiño, será un encontro con María, modelo de catequistas.

Itinerario do encontro:

10´30 – Camiño dos Pastorciños- Peregrinos con María – Xubileu

11´00 – Palabras do Sr. Bispo (Charla)

11´45 – Dinámica de grupo (motivos para ser espellos)

13´00 – Celebracion da Eucaristía

14´00 – Comida

16´00 – Excursión

Para os catequistas de Lugo, sairá un autobús do Seminario ás 9,15h

Inicio do curso do Seminario e da catequese

O pasado domingo 17 de setembro tivo lugar no Seminario a presentación do curso académico 2017-2018 que terá por lema E non temas o imposible

Este ano a proposta é que se dea un paso de confianza e que se mire ao presente e ao futuro con ollos de esperanza. Cansos dun mundo que sempre canta as peores accións, invítase a dicir que si a Deus, a asumir o reto que supón deixar a Deus actuar na vida de cada un, a aceptar que El pode facer posible o que a un lle parece imposible.

En fin, invítase a rezar, soñar, arriscar, non pechar portas, abrir a vida, saír ao mundo, ver aos máis pobres.

Pola súa parte, as delegacións de Catequese de Galicia elaboran o material para o curso catequético 2017 – 2018 nas parroquias. Trátase de vivir este labor pastoral no dinamismo e creatividade que requiren os tempos actuais. E tamén manterse en comuñón como catequistas. O lema deste curso é Parroquia, familia que inicia na fe.

 O 2 de outubro ás 19h no Seminario será o encontro de inicio de curso dos catequistas

[Materiais curso catequético 2017-18]

Inicio de curso no ámbito catequético

catequese-2016-2017-copiaOs catequistas da Diocese de Lugo teñen un encontro de inicio de curso o 3 de outubro ás 19h no salón de actos do Seminario Diocesano. Ás 20 h particípase na Eucaristía presidida polo señor Bispo na Catedral coa que se inaugura o Curso Pastoral.

Este ano os Secretariados de Catequese de Galicia propoñen guiarse e iluminarse pola exhortación apostólica ‘Amoris Laetitia’ do papa Francisco, con este lema: ‘A familia, fogar da catequese’.

Sempre é desexable unha implicación maior das familias na catequese, pois os pais deben ser os “primeiros mestres” da fe dos fillos, polo que todo esforzo para que tomen conciencia do seu papel nesta tarefa, é algo a ter en conta. Por iso, este ano as delegacións de Catequese de Galicia ofrecen os seguintes materiais: cartel, carta ás familias, folleto de presentación e tres catequeses sobre o tema.

_326DU_173689.pdfDúas novidades importantes:

· A nova páxina web das delegacións de catequese de Galicia, chea de recursos e na que se dan a coñecer iniciativas catequéticas da Diocese e das parroquias.

· E xa saiu o segundo caderno de materiais complementarios do catecismo ‘Testigos del Señor’ (11-12 anos): El Camino que conduce al Padre.

Catequeses para mozos e adultos

Catequese xoves e adultosO 7 de outubro ás 20:30 h comezan as catequeses para xoves e adultos que organiza o Camiño Neocatecumenal no salón parroquial da igrexa de San Froilán, Lugo. Os luns e mércores á hora mencionada ofrécese unha ocasión para achegarse a Xesucristo e á Igrexa dunha forma nova, coñecendo tamén a persoas “tocadas” por Cristo que viven a súa fe dun xeito revolucionario. O lema escollido para este curso é “Xesucristo ámate, deu a súa vida para salvarte e agora está vivo ao teu carón cada día, para iluminarte, para fortalecerte, para salvarte” (Evangelii Gaudium)

Asemblea Diocesana de Catequistas

A Delegación Diocesana de Catequese invita a participar na xa tradicional Asemblea de catequistas que este ano se celebra o día 16 de maio no Seminario. Será un día para compartir e formarse, co seguinte programa:

  • 10.45h Acollida

  • 11.00h Oración e presentación

    Aplicacións á catequese a partir da Exhortación Evangelii Gaudium

  • 12.00h Diálogo sobre o tema

  • 12.30h Descanso

  • 13.00h Eucaristía

  • 14.00h Comida

  • 15.30h Proxección audiovisual

  • 17.00h Despedida e envío.

A %d blogueros les gusta esto: