Conclúen as misións na praza Horta do Seminario, en Lugo

O último encontro é o 5 de maio na praza Horta do Seminario en Lugo. E termínase cunha catequese sobre a necesidade de vivir a fe en comunidade, e a misión maternal da Igrexa. Concretamente, entre os temas que se tratarán están os seguintes:

– Que é a Igrexa?

– Cal é a túa experiencia da Igrexa?

– Queres ser axudado por unha comunidade cristiá?

 Ademais, convidarase á xente a unha celebración penitencial, onde os que asistan poidan selar a predicación co sacramento da reconciliación, nun lugar adecuado próximo.

  Posteriormente, poderase continuar na parroquia o desenvolvemento total das catequeses. Se non fose así, con este último encontro concluiría a misión.

Gran misión na praza Horta do Seminario, Lugo

Cartel Misión Neocatecumenal 2

O día 7 de abril a partir das 12 h comezan as misións que na praza Horta de Seminario se levarán a cabo durante os domingos de Pascua. O contido destes encontros será o das catequeses para a iniciación cristiá que o Camiño Neocatecumenal realiza nas parroquias. Levándoas á rúa, ofrécense a tanta xente que non vai polos templos e á que Xesucristo quere saír ao seu encontro.

En cada convocatoria, despois de facer cantos, e que algunha persoa conte a súa experiencia de fe, un catequista predicará unha das catequeses. A primeira, co título Quen é Deus para ti?, tratará cuestións como: motivos polos que crer en Deus, a súa axuda nas nosas vidas.

A %d blogueros les gusta esto: