Concerto de tres corais na igrexa de Santiago A Nova

A Coral Hospital de Lugo organiza un concerto (pre-Nadal) o día 15 na igrexa de Santiago A Nova de Lugo ás oito e media. Intervirán a Coral Estradense, Cantardelas e a Coral Hospital de Lugo.

 A Coral Estradense, dirixida por Javier Comesaña Pereira interpretará as seguintes pezas: Sublime calma (Liszt), Ai Neno Xesús (J. Domínguez), Meu carabel (F. A. Rey Rivero), Nocturno (T. Olds), Te quiero (M. Benedetti / A. Favero) e Naranjitay.

 Cantardelas, baixo a dirección de Fernando Gómez Jácome, interpretará unha cantiga de Martín Códax e varias cantigas de Santa María.

Finalmente, a Coral Hospital de Lugo deleitará aos asistentes coas seguintes pezas: Si la nieve resbala, Camino del indio (A. Yupanqui), Sobre o sol e a lúa (Valle Inclán /Fernando G. Jácome), Suite comercial navideña (J. Bernardo Álvarez), El noi de la Mare e  Amén.

Deixa un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

A %d blogueros les gusta esto: