Pro-vida Lugo ten unha nova sede na praza Armañá

Pro-vida Polo dereito a vivir é unha asociación sen ánimo de lucro, cos seguintes fins:

  • Atender e apoiar á muller en canto sexa posible, ante un embarazo inesperado, ofrecer apoio humano e social, sen discriminación de idade, nacionalidade, raza, ou relixión.

  • Informar, concienciar á muller sobre as consecuencias nocivas do aborto provocado, e alertar á sociedade, sobre os múltiples riscos que supón contra a saúde e a dignidade humana.

  • Orientala en canto a medios e axudas que pode recibir e asistencia a nais embarazadas e nais que padecen a síndrome postaborto.

  • Tentar abrir o abano de alternativas ao aborto provocado.

PROVIDA LUGO está na Praza de Armañá, n° 7, 1º andar, oficina 2

Eucaristía na Catedral no 5º aniversario do falecemento de Frey Xosé

5º aniversario de Frey Xosé

O 8 de xaneiro, ás 12 h na Catedral de Lugo, coincidindo co quinto aniversario do falecemento do Bispo Frei José Gómez, celebrouse unha Eucaristía, presidida por Mons. Alfonso Carrasco, por todos os bispos falecidos da Diocese lucense.

“A personalidade eclesiástica de frei José Gómez de profesor, publicista, conferenciante e, sobre todo, animador relixioso manifestouse con forza e aceptación”. Faro de Vigo

“En Compostela reviven os recordos do frade próximo que acudía ao momento a calquera chamada. A dozura predominaba no seu aspecto e a súa voz resultaba estimulante e amiga”. José M.ª Díaz

Así como os bispos da Diocese de Lugo puxeron a súa esperanza en Cristo e anunciárono aos demais, que eles estean unidos para sempre a El no seu reino. Que o Señor os recompense do seu traballo apostólico entrando a participar no gozo de Deus.

Entrega de aceite de Quiroga á Diocese para a Misa Crismal

Jesús Río (esquerda) e Manoel Carrete (dereita) no Bispado
Jesús Río (esquerda) e Manoel Carrete (dereita) no Bispado

No Bispado de Lugo o día 2 de xaneiro recibiuse aceite producido en Quiroga e doado polo Centro Galego de Barcelona. A entrega fixérona Manoel Carrete Rivera (nado en Barcelona pero con raíces na Diocese de Lugo: parroquia de Santa María Madanela , A Seara) e o sacerdote Jesús Río Ramilo, encargado da mencionada parroquia, entre outras de Quiroga.

O aceite recibido será distribuídoa toda a Diocese durante a Misa Crismal do próximo 27 de marzo (Mércores Santo) ás 11 da mañá. Pois nesa Eucaristía ten lugar a bendición do óleo dos enfermos, do óleo dos catecúmenos e a consagración do crisma, óleo con bálsamo que se usará nos bautismos e confirmacións.

A %d blogueros les gusta esto: