Cáritas Diocesana de Lugo cumpre 50 anos

50 anos de Cáritas Lugo

O 4 de xuño de 1964 era o día da Oitava de Corpus e ese día nacía oficialmente Cáritas Lugo. Para celebrar este cincuentenario escolleuse como lema 50 anos de encontros, porque non se trata só de axudas, servizos, actividades cara aos pobres, senón que se trata de encontros entre persoas que son libres e responsables. Iso significa que toda persoa é capaz, ten dereito a tomar decisións na vida. Desde Cáritas apóstase polo protagonismo do ser humano. A vida humana está chamada ao encontro solidario e realízase nese encontro.

Para simbolizar a Cáritas hai unha cruz e 4 corazóns. A cruz é signo do maior xesto de solidariedade na historia da humanidade; é dicir todo un Deus que se abaixa ata o máis fondo para acoller aos que están máis no fondo, máis excluídos, para chamalos á vida.

Cada un dos 4 corazóns simboliza: 1) eclesialidade: Cáritas non se entende sen a Igrexa, 2) o amor vivese organizadamente 3) servizo: poñer o amor ao servizo dos demais; 4) e o corazón máis grande simboliza a acollida ás persoas que chegan a Cáritas e o acompañamento.

[Actos programados]

Bendición dunha escultura no albergue de peregrinos de Miraz

Bendicion escultura en Miraz

O Bispo de Lugo, Mons. Alfonso Carrasco, presidiu o día 2 de xuño o acto de bendición e inauguración dun monolito no albergue de Miraz. No acto estaba presente o párroco José Ramón Pérez García. Este albergue está na casa reitoral cedida polo Bispado para que a Confraternity of Saint James a utilice como aloxamento peregrinos do Camiño Norte.

A peza escultórica é obra dun artista da zona, Chacón.

Conferencia de José Rodríguez Carballo con motivo dos 50 anos de Cáritas

P. Carballo (Lodoselo)

O padre José Rodríguez Carballo dará unha conferencia sobre os signos dos tempos en Lugo o 4 de xuño ás 17.30h no salón de actos do Colexio dos PP. Franciscanos. Título: “A historia, signo dos tempos para o exercicio da caridade”

Rodríguez Carballo é o secretario da Congregación para os Institutos de Vida Consagrada e Sociedades de Vida Apostólica

Ás 20 h. haberá unha Eucaristía na Catedral en conmemoración dos 50 anos de presenza de Cáritas en Lugo.  

Certame fotográfico sobre a Eucaristía e o patrimonio relixioso

Copia de Concurso fotografia

 O Centro Eucarístico Lucense convoca un concurso de fotografía no que  poderán participar todas as persoas que o desexen, cos seguintes temas:

A Eucaristía en Lugo

O patrimonio relixioso cristián na Diocese de Lugo

Cada participante poderá presentar antes do 6 de xuño ata 4 fotografías en branco e negro ou en cor.

[Ver as bases]

Ciclo de conferencias sobre as persoas que coidan a dependentes

Copia de Ciclo conferencias coidadores día 30

 O Centro de Orientación Familiar Diocesano, en colaboración co Concello de Lugo, organiza no Centro social Uxío Novoneyra ás 18h un ciclo de conferencias de especial interese para quen teña ao seu cargo persoas  dependentes. O programa é o seguinte:

30 de maio:

O coidador na encrucillada: entre o amor, a rabia, o deber e a culpa

Relator: Martiño Rodríguez González. Psicólogo, Terapeuta Familiar e Director do COF Diocesano de Lugo

6 de xuño:

Orientacións sobre o aseo, a alimentación e o coidado da persoa dependente

Relatora: Sonia Abeledo Sánchez. Educadora Social, Auxiliar de Enfermaría e formadora en atención á discapacidade, terceira idade e saúde.

20 de xuño:

Coidar coidándose. Reflexións sobre a síndrome do coidador queimado, a comunicación e a autoestima

Relatora: Noemí Devesa Montouto. Psicóloga, Diplomada en Maxisterio e formadora en temas de dependencia.

27 de xuño

A asistencia na vellez: a que recursos e apoios podo acceder?

Relator: Manuel Pérez Puente, Director do Centro de Día ABRITE

4 xullo:

Reflexións sobre o Alzheimer e outras demencias, e coloquio aberto cun xeriatra experimentado

Relator: Manuel Melero Brezo, Médico especialista en xeriatría

A %d blogueros les gusta esto: