Nomeamentos para parroquias

D. Miguel Angel Fernández Vilariño foi nomeado administrador parroquial de San Mamede dos Ánxeles e de San Andrés de Castro, Conturiz.

D. José Río Ramilo é o novo administrador parroquial de San Clodio de Aguiar, San Salvador de Mosteiro, San Pedro Fiz de Paz, San Esteban de Benade e Santa María de Muxa.

D. Adolfo Roque Obama Angono: vicario parroquial de San Antonio de Padua, Lugo

Horario do Arquivo Diocesano

O Arquivo Histórico Diocesano e o Central Parroquial (situados no Pazo Episcopal) permanecerán pechados durante o mes de agosto.

A súa actividade reiníciase o día 2 de setembro, co seguinte horario: 10 a 13.30 h de luns a venres (o sábado permanecerá sempre pechado). 

Cáritas organiza o XIX Campamento Urbano

Cáritas Lugo

Entre os días 15 e 26 de xullo Cáritas organiza o XIX Campamento Urbano para nenos de 8 a 13 anos. Trátase dunha actividade en Lugo e para Lugo, co fin de coñecer a cidade a través de excursións, xogos, obradoiros, deporte, festa. A base das actividades é no Colexio María Auxiliadora e o horario: de 10 a dúas e polas tardes de catro a oito.

Os Centros de Orientación Familiar diocesanos de Galicia aúnan esforzos

Centro Orientación Familiar Lugo

O pasado martes día 9 de xullo, os Directores dos COF’s existentes nas dioceses galegas, Santiago, Lugo e Ourense, reuníronse para iniciar un camiño común. O lugar escollido foron os salóns parroquias de Silleda. O obxectivo era coñecerse, e tomar contacto de cara a unha coordinación, axuda mutua, derivación e formación común. Foi un encontro distentido e agradable. Estiveron por Santiago, D. Luis García Bernadal; por Ourense, D. Carlos González Prieto, e por Lugo o Director do COF Diocesano, D. Martiño Rodríguez-González. Espérase que desta colaboración poida haber máis capacidade aínda para servir ás familias das igrexas locais e no territorio onde elas camiñan. 

 O COF de Lugo está na rúa Ángel López Pérez, 12, local J

XII Campamento Monagos de Galicia

monagos-galicia 2013

As Delegacións de Pastoral Vocacional de Galicia organizan en Porto do Son o XII Campamento Monagos de Galicia.

Será do 12 ao 18 de xullo para nenos e nenas que participen habitualmente nas actividades das parroquias.

De cada Diocese galega poden ir ata 20 rapaces.

A %d blogueros les gusta esto: