Homenaxe a D. Jaime Delgado e a D. Nicanor Rielo na presentación de Lucensia

revista Seminario Lugo

Durante a presentación da revista Lucensia, o día 12 ás 18:30 no salón de actos da Fundación Novacaixagalicia (pza. de Sta. maría, Lugo) o profesor de Universidade Antonio Rodríguez Colmenero  evocou a D. Jaime Delgado, infatigable colaborador de Lucensia, e a D. Nicanor Rielo. Sobre este último, Alfonso Blanco elaborou un artigo no número da revista que se presenta titulado “Nicanor Rielo Carballo, un buscador de tesouros”. Outro dos artigos da revista reproduce un capítulo do tema preferido de Jaime Delgado, relativo á igrexa de Temes, coa inscrición cristiá máis antiga de Galicia.

As dúas figuras homenaxeadas comparten, entre outras cousas, entrega ao labor sacerdotal, colaboracións en Lucensia ou no libro Abrindo as portas ao San Froilan 1999.

  “Jaime Delgado, toda unha vida de entrega e de investigación que  puxo luz onde só había tebras e proclamou certos reparos onde só había esquecemento e destrución. Persoa sensíbel, persuasiva e leal a un método de descuberta comparativa que, no seu caso, deu estimulantes froitos”. Xosé Lois García

“Nicanor foi un crego que percibiu, con claridade, a íntima conexión que existe entre os pobos e a súa lingua”, Frei Xosé Gómez (homilía no funeral de Nicanor Rielo).

Na internete pode lerse un artigo de Jaime Delgado sobre o crismón de Quiroga e de Nicanor Rielo outro sobre as igrexas de Sta. Mª de Arcos e S. Lorenzo de Peibás

I Xornadas de ‘redes’ penitenciarias

Formación prisión

O Secretariado Diocesano de Pastoral Penitenciaria, xunto coas asociacións Aliad-Ultreia e Concepción Arenal, e coa colaboración de Cáritas, organizan unhas sesións formativas sobre a reinserción dos reclusos unha vez que saen de prisión. É algo no que están involucradas varias entidades: Cáritas parroquial, os centros penais…

As xornadas diríxense a persoas con inquietude por formarse ou interesadas en participar como voluntarias en actividades de exclusión social. Esta formación básica é esencial nunha tarefa como esta que é complexa, pero ao mesmo tempo moi necesaria para axudar a humanizar o mundo da prisión e sensibilizar á sociedade sobre este tipo de exclusión. Temas: causas que levan a delinquir, consecuencias da privación de liberdade, actividades nas que os asistentes poderán participar.

O curso é ás 19:00 horas no Salón de Cáritas na Avda. das Américas, 93 de Lugo

  • Luns 12: Delito e delincuencia

  • Lunes 19: Da vida en prisión á vida en liberdade

  • Lunes 26: A participación social: o voluntariado

Curso de formación para o profesorado de Relixión

A Sección de Formación do Profesorado de Relixión do Instituto Teolóxico Compostelán convoca un Curso de formación para Profesorado de Relixión Católica de Galicia. Os días son o 10 e o 24 de novembro de 2012, de 10,00 a 21,00 horasa. E o lugar é o Salón de Actos da Facultade de Formación do Profesorado de Lugo. Asisten un cento de persoas.

Obxectivos previstos:

Reflexionar sobre os fundamentos da fe

Reflexionar sobre a doutrina católica desde a metodoloxía e a didáctica

Profundar nas estratexias de construción de contidos pedagóxico-didácticos

Artellar unha pedagoxía potenciadora da multiculturalidade

Programa do día 10:

  • 10’00 Acollida e presentación
  • 10’15 Conferencia: Os fundamento da Igrexa Católica I
  • 12’15 Descanso
  • 12’30 Conferencia: Os fundamento da Igrexa Católica II
  • 14’30 Xantar
  • 16’30 Conferencia: As metolodoxías cristiás na aula
  • 18’30 Descanso
  • 19’00 Conferencia: As didácticas cristiás máis efectivas na aula
  • 21’00 Fin da xornada

Dos relatorios da mañá encárgase José Antonio González García (doutor en Sagrada Escritura, profesor no Instº Teolóxico Compostelán), pola tarde Mario Vázquez Carballo (doutor en Teoloxía).

A fase formativa ten unha valoración de 15 horas e a fase de avaliación 1 hora.

Persoas coordinadoras: D. Juan José Capeáns Pazos e D. Enrique Luis Sánchez Arias.

Cursiños de Cristiandade a partir do día 16 de novembro

Cursillos de cristiandad

Comezan na Casa Diocesana o día 16, cando ten lugar a acollida entre as 20 e as 21 horas. E permanecerase en réxime de internado ata o día 18 pola noite. O Cursiño de Cristiandade será impartido por 5 segrares e 3 sacerdotes (de Santiago A Nova). A finalidade esencial é o encontro persoal con Cristo nun ambiente grato, con diálogo e traballo en equipo. 

Xornada de pastoral para sacerdotes

A Asociación social e cultural Porta do Camiño organiza o xoves 8 de novembro unha Xornada de pastoral para sacerdotes en Olbeira, Viñagrande, San Miguel de Deiro.

Ás 10.15 é a primeira conferencia “A nova evangelización para a transmisión da fe”, a cargo de Mons. Rino Fisichella, Presidente do Pontificio Consello para a Nova Evanxelización.

A segunda conferencia: “A harmonía e continuidade entre fe e razón: criterios para afrontar o vello nihilismo e a actual indiferenza”, por Antonio Aranda, Ordinario de Teoloxía Dogmática Facultade de Teoloxía da Universidade de Navarra.

E pola tarde, coloquio: “Nova evanxelización en clave pedagóxica. Liñas de traballo para a formación cristiá na escola”, con participación dos vigairos e delegados de catequeses das dioceses galegas.

A %d blogueros les gusta esto: