Concurso “Debuxa a túa bolsa solidaria coa Vida”

Con motivo de celebrarse a partir do día 19 de marzo a Semana Mundial da Vida, en Lugo convócase o I Concurso de Debuxo. Aos inscritos antes do día 10 de marzo entregaránsenlles bolsas de tela para pintalas.

O tema é “Debuxa a túa bolsa solidaria coa Vida”.

O material de debuxo, é por conta do participante, xa que é libre a utilización de materiais e cores.

Tamén hai un certame de narrativa, poesía e música.

Información: lugo@derechoavivir.org

Asemblea Anual da Adoración Nocturna

O venres, día 9 do presente mes de marzo, ás 19.30 horas (sete e media da tarde), celebrarase no Seminario Diocesano a regulamentaria Asemblea Anual, co seguinte programa:

Ás 19.30 horas (sete e media da tarde) celebración da santa Misa na capela do Seminario. A continuación, no Salón de Actos do mesmo centro, será a Asemblea, que dará comezo coas preces regulamentarias; informes de Tesouraría, Secretaría e de Presidencia; palabras do Director Espiritual.

Ao concluír o acto será servido un viño español a todos os asistentes.

Viaxe

Para o día 24 de marzo organízase unha viaxe ludico-cultural e gastronómico, polo Bierzo, sendo necesario apuntarse antes do día 15.

Ciclo de conferencias Occidente ante o século XXI

O día 12 de marzo ás 8 da tarde no Salón de actos da Deputación de Lugo. O título da charla: Tempo de comunicación, evanxelización e conversión. O relator é o Rvdo. Padre Esteban Munilla Aguirre.

Esteban Munilla é a cabeza visible de Radio María España, que está a vivir un momento de consolidación. Se hoxe Radio María España é como é, en gran medida débese ao labor do Padre Munilla nos últimos anos e ao equipo de voluntarios.

O día 13 de marzo ás 8 da tarde no mesmo lugar, a charla titúlase: Igualdade radical nunha trama de diversidade. Igrexa e liturxia. O relator é o Rvdo. Padre José Antonio Ferreiro Varela

José Antonio Ferreiro foi colaborador da parroquia de Nosa Señora das Dores de Lalín, Vicario Parroquial de San Francisco Xavier da cidade de Lugo e agora é Moderador do Equipo Sacerdotal da Milagrosa, Lugo.

Estivo no Instituto de Pastoral Litúrxica de Barcelona entre os anos 2001 e 2003.

Na súa actividade docente temos que é Profesor no Seminario Diocesano e no Instituto Teolóxico Lucense.

Membro da Comisión Diocesana de Arte Sacra. Foi Delegado de Pastoral de Voca-cións e desde o ano 2009 é o Delegado de Liturxia e dirixe o recentemente creado Lucense Eucharisticum Centrum.

Novena da Graza en San Francisco Xavier, Lugo

Os 9 Días de Javier, a Novena da Graza, é nos primeiros días de marzo na parroquia de San Francisco Xavier de Lugo.

A novena comeza o domingo día 4 e marzo. Horarios da Novena:

Pola mañá, ás 7 e media hai Rosario e Procesión; ás 8 e 12, Novena e Eucaristía.

Pola tarde, ás 6 Rosario; ás 6 e media e ás 8, Novena e Eucaristía.

O Padre predicador é o Rvdo. Padre Taboada, misioneiro xesuíta.

Actos Especiais

Día 6. Unción de enfermos ás 4:30 da tarde

Día 8. Celebración comunitaria do perdón ás 7 da tarde

Día 10. Dedicado á Virxe. Procesión de Fachos despois da Eucaristía das 8 da tarde

Día 11. Procesión desde o Barrio de Montirón ás 9:30 da mañá

Día 12. Darase a venerar a reliquia do Santo nas eucaristías

Hai confesións en todos os actos.

A Novena retransmitirase por COPE.

 

A %d blogueros les gusta esto: