Campaña “Sementadores de estrelas”

Distintos grupos de nenos sairán polas rúas para felicitar o Nadal aos transeúntes, en nome dos misioneiros da Diocese de Lugo:

  • día 15 de decembro, a partir das 11 h. desde a Igrexa Santiago a Nova, Lugo

  • día 22 de decembro, os nenos do colexio da Mercé de Sarria;

  • día 23, os de Melide,

  • día 25, día de Nadal, os nenos de Lalín.

Trátase de poñer aos transeúntes un pequeno adhesivo en forma de estrela, para compartir a alegría do Nadal e lembrar a todos a Boa Noticia: o nacemento de Xesús. Con este xesto, deséxase felicidade en nome dos misioneiros e misioneiras, que, por amor a Cristo e á humanidade, déixano todo e parten a outras terras para levar a mensaxe de Xesús.

Deixa un comentario

A %d blogueros les gusta esto: