Celebracións en honra de María Auxiliadora

O Colexio salesiano Divina Pastora celebra varios actos con motivo do día de María Auxiliadora.

Xoves 24

  • 12:30h a comunidade educativa fixo unha ofrenda floral no patio

  • 15:30h Entregáronse os premios Xosé Quintero

  • 18h Partido de fútbol sala entre familias, profesorado e alumnado

  • 19:30h Celebración da Eucaristía na Parroquia da Milagrosa, procesión ata o Colexio e exhibición de baile rexional

A mañá do venres 25 adícase a actividades deportivas, xogos, cine, degustación.

E pola tarde a partir das 17h Festa: baile rexional, teatro, xogos, actuación musical, zumba, verbena.

Pola súa parte, o Colexio María Auxiliadora (Lugo) fará a primeira hora do 25 de maio unha ofrenda floral e procesión coa imaxe de María Auxiliadora, Eucaristía na igrexa de San Francisco Xavier. Ás 10:30 será o Festival Letras Galegas a cargo dos cursos de ESO. Ás 12:15 h o Festival baixo o título “Compartindo, facemos grandes cousas”. E a partir das 17h, Tarde da Familia, con festival de actuación do alumnado, festa (inchables, zumba, torneos de xadrez e basquet, xogos populares)

A Novena de María Auxiliadora conclúe o día 24 ás 19h na igrexa de San Francisco Xavier.

Homenaxe a María Auxiliadora

A Parroquia A Milagrosa organiza o 27 de maio unha homenaxe a María Auxiliadora en Castrelo-Cambados, co seguinte horario:

  • 9:00 h Saída da Praza da Milagrosa

  • 12:30 h Eucaristía e procesión

  • 14:30 h Comida

  • 16:30 h Acto cultural

  • 18:30 h Despedida

Visita á Toxa, paso pola Lanzada, Portonovo, Sanxenxo e regreso a Lugo (22 h).

Deixa un comentario

A %d blogueros les gusta esto: