Concursos de tarxetas de Nadal

La Voz de la Verdad

Ata o 25 de decembro, alumnos de Infantil, Primaria e E.S.O. que estuden en Galicia poden presentar tarxetas de Nadal orixinais e inéditas en tamaño DIN-A4 con técnica libre e soporte cartolina ou cartón pluma. Concederanse premios consistentes en lotes de libros, cheques-agasallo intercambiables por libros ou material escolar.

Os traballos enviaranse a Premios Vozesnavoz La Voz de la Verdad, r/ Bispo Aguirre, 17 27002 Lugo. Pode facerse a entrega persoalmente ou por medio do centro escolar no que estude o concursante.

Parroquia de A Estación

A Parroquia monfortina organiza este mes o concurso de tarxetas e cartas “O Nadal cos teus ollos e as túas palabras”. A idea é que nenos e adultos poidan expresar co debuxo ou coas súas palabras o que é o Nadal.

Hai dúas categorías: infantil (ata os 12 anos) e adulto.

Na Parroquia recóllense os traballos ata o día 22 de decembro e os premios entregaranse o día 25 de decembro.

Chantada

A Parroquia Santa Mariña convoca un concurso de tarxetas de Nadal para os nenos e nenas da catequese nos distintos niveis, e tamén un concurso de beléns dos nosos fogares, e outro de beléns nos escaparates dos negocios da Parroquia. As postais serán colocadas na igrexa e dos beléns subiranse as fotos á páxina de facebook da Parroquia.

Data límite: 18 de decembro.

Deixa un comentario

A %d blogueros les gusta esto: