Asemblea – convivencia da Hospitalidade Diocesana de Lourdes

A Casa Diocesana de Exercicios de Lugo acolle o 11 de febreiro, ás 4 da tarde, a Asemblea-Convivencia da Hospitalidade de Lourdes. Este ano a reflexión Mariana, co título do lema do ano 2.015: “LOURDES: a alegría da MISIÓN”, corre a cargo do seminarista Nicolás de María Susena Presas, que participou na peregrinación do ano 2014.

A continuación haberá unha breve información xeral do curso pasado e da programación do actual, cun apartado especial para a xestión económica.

Os asambleístas farán suxestións para as próximas peregrinacións e darán a coñecer vivencias ou resonancias persoais.

Tras un descanso, ás 18,30 h será a Eucaristía concelebrada e presidida polo Sr. Bispo.

Campaña do ano 2015 de Mans Unidas Lugo

Maquetación 1

A Campaña do ano 2015 invita a facer balance sobre o logro dos 8 Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio propostos por Nacións Unidas, precisamente para cumprir neste ano. A loita contra a pobreza é unha tarefa das nacións, pero, tamén, de cada persoa.

O Día do Xaxún Voluntario lembra aos millóns de persoas no mundo que teñen que xaxuar a cotío por obrigación, por non ter que comer. A Delegación de Mans Unidas da Diocese de Lugo tamén se solidariza con eles, organizando unha Eucaristía o 6 de febreiro ás 18:20 horas na capela do Seminario Diocesano e a continuación sobre as 19:00 horas unha merenda solidaria con donativo de cinco euros no comedor do mesmo lugar.

A colecta de todas as igrexas de España do sábado 7 e domingo 8 de febreiro, destínase íntegramente aos fins, misión e proxectos de Mans Unidas. Este ano os dous proxectos que financia Mans Unidas Lugo son:

– en Ghana a construción dun pabellón cirúrxico, e outro

– na India a mellora da situación sanitaria en 15 pobos.

Durante esta semana o misioneiro do IEME Claro Jesús Díaz Pérez está percorrendo colexios, parroquias… da Diocese dando a coñecer a presenza da Igrexa entre os máis pobres, neste caso entre os empobrecidos de Nicaragua.

[Ver manifesto]

Mons. Antonio Rouco Varela clausura as Xornadas de Teoloxía

Conferencia Rouco Varela

As Xornadas Abertas de Teoloxía tiveron como acto final a conferencia de Mons. Antonio Mª Rouco Varela titulada “A vida consagrada aos 50 anos do Concilio Vaticano II”. Comezou facendo un percorrido histórico: ordes mendicantes, institutos seculares no século XX, sociedades de vida apostólica.

Ademais, o Cardeal Rouco Varela falou de “recuperar de verdade o que clasicamente se chamaba vida espiritual, tanto a persoal como a feita en comunidade. Iso non se compensa por nada, nin siquera cor grandes accións de servizo aos demais, de servizos sociais porque esas accións quedarán depauperadas, sen forza, e ao final tamén son abandonadas”.

Catro claves da nova etapa evanxelizadora

Lourdes Grosso

O segundo día das Xornadas Abertas de Teoloxía contou coa presenza da misioneira idente Lourdes Grosso, que deu as claves da nova etapa evanxelizadora:

 Para Lourdes Groos, non debemos limitarnos a facer obras apostólicas, senón que nós mesmos seremos misión: “poñeremos en clave misioneira a nosa actividade cotiá: que son novicio, estudante, poñer en clave misioneira esa etapa; que son pai de familia, poñer en clave misioneira a vida familiar; que son relixioso,  poñerei en clave misioneira esa adicación”.

“A nova etapa evanxelizadora está marcada pola alegría. Ser evanxelizador, ser misioneiro é estar alegres. Se nos ven alegres, non fai falta que digamos moitas cousas, pois o mundo necesita alegría.

“Tamén é necesaria a renovación do encontro persoal con Cristo, a través da oración. Isto é causa da alegría.

“Finalmente, cómpre a misericordia: Unha vida consagrada, agradecida, alegre, esperanzada, íntima no Señor é misericordiosa non ten en conta o mal senón que mira aos ollos da persoa e quere rescatala de onde estea”.

Unha das formas da vida consagrada está representada polos Institutos Seculares

Josefina Palmeiro Xornadas Abertas de Teoloxía 2015 (3-5 febreiro) 018
Josefina Palmeiro é unha das 49 aliadas presentes na Diocese de Lugo. Non en todos os sitios hai tantas aliadas como en Lugo. Na mesa redonda con que se iniciaban as Xornadas Abertas de Teoloxía explicou o que eran os Institutos seculares (máis información) e concretou na Alianza en Xesús por María, cuxo carisma é vivir a virxinidade consagrada no medio do mundo, chegar ao amor por camiños de pureza.
En palabras de Josefina Palmeiro, “a vida das aliadas é dispersa, cada unha está coa súa familia, vive a súa profesión, está onde a vida a pon. Aínda que vivimos dispersas temos unha casa onde nos reunimos xeralmente os domingos.
“A miña vocación naceu principalmente por coñecer a outra aliada, Eu preguntábame: “Que é esta muller para vivir como vive, para facer o que fai, pensar como pensa?” Dixéronme que era aliada e aquilo cautivoume. Vivín a miña vocación felicísima e se volvese a nacer volvería a ser aliada”
A %d blogueros les gusta esto: