Xornada de formación sobre pastoral da saúde parroquial

Mtnez Carracedo

Será o 31 de marzo no salon de actos do Seminario Maior de Lugo de 11 a 14h. Destinatarios desta Xornada son sacerdotes e os seus colaboradores na atención pastoral a enfermos e maiores.

O relator será Jesús Martínez Carracedo, sacerdote de Vigo, director do Departamento de pastoral da saúde da Conferencia Episcopal Española (imaxe superior).

Organiza a Delegación episcopal de pastoral da saúde de Lugo.

A participación é gratuíta. Non fai falta inscrición previa.

Acordos da Xunta de Confrarías para a Semana Santa de Lugo

O 27 de marzo, celebrouse a reunión da Xunta de Confrarías de Lugo para preparar os actos da Semana Santa 2011.

Entre os acordos adoptados están os seguintes:

Pregón de Semana Santa o 5 de abril: No acto do pregón haberá un concerto a cargo dos alumnos de Coro e Orquestra de corda de grao profesional do Conservatorio de Música Xoán Montes de Lugo. O pregoeiro será o xornalista Manuel Silva García.

– O cartel anunciador da Semana Santa 2014 foi encargado ao fotógrafo lucense Eduardo Ochoa.

– II Xornadas de Formación confrade o martes 8 de abril: o Vigairo Xeral da Diocese, Mario Vázquez Carballo, tratará o tema “Ser confrade hoxe na Igrexa”.

Vía Crucis o venres 11 de abril, dedicado á Exhortación Apostólica do Papa Francisco, Evangelii Gaudium

A Secretaria Xeral de Igualdade, Susana López Abella, visitou Cáritas Lugo

susana_abella_en_caritas

A Secretaria Xeral de Igualdade, Susana López Abella, visitou o mércores 26 de abril a primeira hora da mañá as instalacións de Cáritas Diocesana de Lugo. Na foto, con Ginés Plaza e Mónica Yáñez, director e secretaria xeral desta institución, caritativa no departamento de Emprego. Abella percorreu todas as instalacións falando cos responsables de cada área e coñecendo de preto o labor que se está a realizar. Finalmente mantivo unha reunión cos directivos de Cáritas na que se expuxeron canles de colaboración con vistas a conseguir máis recursos para a atención aos máis necesitados.

No seu 50 aniversario, Cáritas recoñece a colaboración de varias institucións

Institucións que reciben distintivo de Cáritas 1

O día 25 de marzo, ás 12 h na sede de Cáritas en Avda. Américas 93-97, o director de Cáritas diocesana de Lugo, Ginés Plaza, fixo entrega da figura conmemorativa dos 50 anos de Cáritas ás seguintes institucións: Subdelegación do Goberno; Xunta de Galicia; Deputación de Lugo; Concello de Lugo; Delegación da Axencia Tributaria; Vicerreitorado de Lugo.

Con motivo do 50 aniversario de Cáritas diocesana de Lugo, esta organización quere ter un recoñecemento con todas aquelas persoas ou institucións que colaboraron activamente con eles no labor de axuda e solidariedade cos máis necesitados.

Na imaxe (de esquerda a dereita): o Vicerreitor da Universidade de Santiago, García Herradón; o Delegado en Lugo da Axencia Tributaria José MªNúñez; representante da Deputación, Regina Polín; o alcalde de Lugo, J. Clemente López, o director de Cáritas, Ginés Plaza, a Delegada da Xunta de Galicia, Raquel Arias; o subdelegado Goberno, Ramón Carballo Páez, e o Delegado episcopal de Cáritas, Antón Negro

Encontro anual da Lexión de María

Lexión de María 595x

O mércores 26 os grupos da Lexión de María da cidade de Lugo (San Antonio de Padua, San Froilán, San Francisco Xavier) celebran o acies. O día da Anunciación do Señor ou un día próximo é cando se celebra o gran acto central do ano para a Lexión e María. No caso de Lugo, será da seguinte maneira: na parroquia San Francisco Xavier ás 16h, rezo do rosario e consagración individual e colectiva; ás 17 h Eucaristía presidida polo señor Bispo, Mons. Alfonso Carrasco e a continuación, un ágape.

A %d blogueros les gusta esto: