Preparación para vivir mellor o tempo de Coresma

JA González conferencia preparación Coresma

O día 10 de marzo, de 20h a 21:15 h, no salón de actos do colexio Divina Pastora, dos Salesianos, na praza da Milagrosa de Lugo, foi a primeira de dúas sesións preparatorias do tempo da Coresma: “Coresma, camiño cara á Pascua”, “A Palabra de Deus guía o camiño”. A segunda charla, tamén a cargo do biblista José Antonio González, é o 11 de marzo no mesmo lugar e á mesma hora.

Por outra parte, a parroquia de Santiago A Nova de Lugo programou os seguintes actos:

– Reflexión comunitaria sobre a Evangelii Gaudium o 12 de marzo ás 19h en Nosa Señora das Fontiñas e o 13 de marzo na igrexa da Nova.

– Oración coresmal e celebración penitencial en Fontiñas o 21 de marzo ás 17:30 e na Nova os días 14 e 28 de marzo e 4 de abril ás 19h.

30.000 folletos para explicar a reorganización pastoral da Diocese de Lugo

folleto Parroquias hoxe e mañá

O domingo, día 9 de marzo, os fieis das parroquias rurais da Diocese recibirán dos seus sacerdotes os 30.000 folletos explicativos da campaña de reorganización diocesana. Nos folletos, titulados “Parroquias hoxe e mañá”, invítase a procurar o mellor modo de seguir xuntos como comunidade cristiá; insístese na necesaria creación de verdadeiras comunidades cristiás; lembra que é un proceso que implica a participación de todos os fieis; e finalmente, sinala os tres obxectivos principais da reorganización pastoral:

– Garantir nunha Igrexa de referencia unha celebración da Eucaristía dominical accesible a todos os fieis.

– Congregar nese punto principal a educación na fe (catequese, encontros de formación, cursos, convivencias…) e organizar as accións caritativas da zona.

– Manter a vitalidade das parroquias, para que todos os fieis teñan un acompañamento pastoral tamén os días non festivos.

A finais do mes de maio, os responsables de pastoral da Diocese, recompilarán as suxestións e propostas de todas as zonas coa finalidade de programar os seguintes pasos da reorganización.

Nota da Delegación de Liturxia sobre o tempo coresmal

O tempo de Coresma é un tempo de preparación cunha dobre dimensión: bautismal e penitencial. Por ser un tempo de preparación non deberán celebrarse os sacramentos do bautismo, nin vodas, agás en caso de verdadeira necesidade. Deben ofrecerse momentos de oración extraordinaria e meditación da Palabra de Deus, de rezo comunitario da liturxia das horas, exposición do Santísimo, rezo comunitario do Vía Crucis. Respecto ao sacramento da Reconciliación, pode facerse unha celebración comunitaria, segundo a fórmula B do Ritual (Celebración comunitaria con confesión y absolución individual)

Víacrucis na Catedral os venres de Coresma

Cruz Grande 2

A Capela de San Froilán da Catedral lucense acolle os venres de Coresma ás 19:30 o exercicio do Víacrucis. O motivo é que no muro dereito da Capela mencionada está a chamada Cruz Grande que foi traída hai cen anos de Terra Santa. Esa cruz de oliveira chegou a Lugo trala VIII peregrinación española e primeira hispanoamericana que se fixera en 1914 

Nomeamentos na Diocese de Lugo para a Delegación de Ensino e parroquias

A Diocese de Lugo fai públicos os seguintes nomeamentos:

Director da Delegación de Ensino, o profesor de Ensinanza Relixiosa Escolar do Instituto de Monterroso, Miguel Rico.

Celestino Rodríguez Raimúndez, Administrador parroquial de Vilaiz, Santiago e A Ribeira, San Martiño.

Ramiro Martínez Carballosa, Administrador parroquial de Ambasvías, Santalla; Castro, Santa María; Dorna, Santa María; Quindous, San Xusto e Vilaver, San Xusto.

Ramón Rodríguez González, Administrador parroquial de Cascallá, Santa María; Pedrafita de Camporredondo, San Xoán; Neira de Rei, San Miguel; Penarubia, Santa María; San Martín de Neira de Rei.

José Manuel Castro Alba, Administrador parroquial de Gondrame, (Santa María e San Vicente), Grallás, San Estevo; Reascos, Santa María e Ribas de Miño, Santiago.

David Gil Mato:

– Párroco de San Pedro de Láncara,

– Administrador de Toirán, O Salvador; Traslite, San Xoán e Vilaleo, Santa María.

José Luis Vázquez Coego, Administrador parroquial de San Pedro de Bande.

Marcos Torres Gómez, Administrador parroquial de Santa María de Donramiro.

A %d blogueros les gusta esto: