O Apostolado Mundial de Fátima, celebra todos os primeiros sábados de mes un rosario e Eucaristía. Será nas MM. Agostiñas de Lugo ás sete menos cuarto da tarde do día 7.
Diocese
Exercicios espirituais e retiros para sacerdotes
Entre os días 8 e 13 organízanse exercicios espirituais para sacerdotes da Diocese de Lugo. Están dirixidos por Monseñor Carlos Amigo.
O día 11 hai retiro en Ferreira de Pantón – Monforte, Quiroga – Courel e Bóveda. E o día 13 será en Melide e A Fonsagrada.
Vixilia de fin de ano da Adoración Nocturna
O venres 30 de decembro, de 9 a 10 da noite, será a Vixilia de fin de ano da Adoración Nocturna. Na Catedral de Lugo celébrase unha Eucaristía de acción de grazas polos beneficios recibido durante o ano. Tamén se pedirá axuda e fortaleza para seguir adorando pola noite a Cristo en representación de toda a Igrexa.
Actividades da Fundación O Noso Lar
A fundación O Noso Lar invita aos anciáns de Samos que vivan sós a pasar con eles os días de Noiteboa, Nadal, Ano Vello e Aninovo.
Concretamente, será entre os días 24 e 26 no Priorado de Lóuzara e do 30 de decembro ao 2 de xaneiro en Lousada. Os maiores estarán acompañados, recibirán comida, cea e almorzo. Para participar abonda con poñerse en contacto co Noso Lar. Se non quedan a durmir nos locais da Fundación, poden facelo nas súas casas, pois van a buscar e levar ás persoas que o soliciten.
Novo libro de D. Jaime Delgado
A obra titúlase Dos primicias histórico-arqueológicas.
Na primeira parte do libro resaltan tres detalles históricos: O Camiño de Santiago tiña identidade propia ben definida polo menos desde o século XII, o culto ao Apóstolo está documentado desde o século IX e varias parroquias que antes tiñan como titulares San Salvador e Santa Marta fixeron o cambio polo padroado de Santiago.
A segunda parte do libro conta a historia da confraría e irmandade “Glorioso Victorio” da Pobra do Brollón. Tamén se fala do santo e da capela a el adicada no mencionado Concello.