O domingo 16 de xuño foi a Festa da fe do arciprestado de Monforte, na que participaron centos de fregueses de Amandi, Ferreira de Pantón, Monforte, O Saviñao.
O santuario de Cadeiras está adicado á Virxe nunha porción de monte escampado en territorio da parroquia de Bulso, Sober. Ampliábao cara a 1.768 o párroco do curato de Pinol, quen acudiu ao Real Consello en demanda de licenza para pedir esmolas nunha contorna de vinte leguas.
O templo, sinxelo exemplar do barroco galego do século XVIII, unha soa nave de pedra granítica e sillería ben labrada.
O día oito de setembro tamén acode ao lugar unha multitude moi considerable de xente do val de Lemos, que se congrega cada ano nunha peregrinación de fieis en honor á Virxe de Cadeiras. Os actos comezan a véspera, coa subida da Virxe desde a igrexa de Pinol ao Santuario de Cadeiras. O día grande da romaría de Cadeiras hai misas rezadas toda a mañá e ao final da mesma unha Eucaristía solemne en honra á Virxe dos Remedios.
Ademais do aspecto devocional, o santuario ten especial interese pola súa localización e a súa lenda. Está construído na parte superior do canón do Sil. A lenda sitúa aquí a unha das tres virxes irmás que despois de ser elevadas a santas construíronlles os seus santuarios nuns lugares onde se puidesen ver unhas a outras. Estes santuarios son para algúns autores Trigoás, Cadeiras e Monte Faro en Chantada.