Gala benéfica de Cáritas – Sarria

Cáritas Interparroquial de Sarria organiza un festival benéfico o 14 de xullo no local da asociación cultural Meigas e Trasgos.

A festa comezará ás seis da tarde do día 14. A gala contará con actuacións e actividades para nenos: xogos, un contacontos ou un pallaso. A nota musical corre a cargo, entre outros, do grupo sarrián Os Flavia. Sobre as 20h terá lugar unha merenda.

O festival faise para recadar fondos. Cáritas só recibe achegas económicas dos socios, pois as entidades que colaboran co colectivo sarrián unicamente doan alimentos. O diñeiro recadado no festival destinarase á adquisición de comida para repartir entre as familias máis necesitadas. Dedicarase tamén a vales que a entidade entrega ás persoas menos favorecidas para a compra de produtos de alimentación en supermercados da vila sarriá.

Cáritas axuda ao longo do ano a unhas 500 persoas. O colectivo distribúe entre os beneficiarios alimentos, que proceden da Operación Quilo ou que foron doados por outras entidades. Ademais, conta cun roupeiro no baixo da igrexa de Nosa Señora do Rosario.

 

Deixa un comentario

A %d blogueros les gusta esto: