José Luis Restán inaugura as Xornadas Abertas de Teoloxía en Lugo

restan_web2

José Luis Restán abríu no salón de actos de Maxisterio as Xornadas de Teoloxía. Estivo acompañado polo bispo, Mons. Alfonso Carrasco e foi presentado por Mario Vázquez, antigo colaborador das súas tertulias na Cope.

En boa parte da súa exposición, José Luis Restán enumerou algunhas notas xerais que deberían caracterizar o Ano da Fe: recuperar as entranas mesmas da fe, (para desde aí lanzar a nova evanxelización); facer resplandecer a verdade e a beleza, (porque cando un percibe a verdade, xorde unha vibración e unha beleza).

 

E advertiu sobre o que non se debería facer. Non se trata de reinventar o cristianismo; sería patético, pois xa está dado polo Señor. Si é necesario que o acontecemento de Cristo suceda de novo, para que sexamos máis conscientes de que Deus rompe as barreiras do tempo, pola resurrección.

Tampouco se trata de limitarse a programar charlas de formación, misións populares… senón que todo debe pasar por unha conversión, volver a encontrar o amor primeiro. Trátase de que esta fe, que actúa por amor, se convirta nun novo criterio de pensamento e de acción. Á hora de educar, de traballar… non podemos actuar con outro criterio, senón a fe sería irrelevante.

Deixa un comentario

A %d blogueros les gusta esto: