Os prelados de Galicia e Astorga presiden a Novena ao Santísimo os dous primeiros días da semana

O Arcebispo de Santiago en Lugo

O luns, a Novena ao Santísimo estivo presidida polo bispo de Astorga, Mons. Camilo Lorenzo. Aludiu ao privilexio da exposición permanente do Santísimo en Lugo, cidade na que é doado acercarse a saudar a Xesús, falarlle da preocupación pola familia e o mundo, rogándolle que nos acompañe no traballo, na alegría…

Mons. Julián Barrio presidiu a Novena ao Santísimo o martes. Na homilía considerou urxente que a Eucaristía se abra paso na nosa cultura secularizada. Para iso debemos ser luz do mundo, “o que significa deixar espazo a Cristo nas nosas vidas. Manter acendida a chama é unha conquista de todos os días, sabendo que en caso de apagarse, temos que acendela en Cristo”.E n conclusión, “a nosa vitalidade cristiá depende da Eucaristía, de tal forma que sen vida eucarística non pode haber senón aparencias ou convencionalismos de vida cristiá”.

O mércores 13, o bispo de Tui-Vigo, Mons. Luís Quinteiro Fiuza, presidiu a Novena. Durante a homilía destacou a fidelidade de Lugo a unha devoción tan central como é a Eucaristía. E sobre esta afirmou que é necesaria para que haxa vitalidade en distintos ámbitos: o persoal, o familiar e o eclesial.

O xoves 14, o bispo de Mondoñedo-Ferrol, Mons. Manuel Sánchez Monge, considerou moi unidas a devoción ao Sagrado Corazón de Xesús e a devoción eucarística. Tamén afirmou que a Eucaristía favorece que sexamos heraldos do amor de Cristo.

O venres 15, quen preside a Novena é o bispo de Ourense, Mons. Leonardo Lemos. No seu caso, o tema é A Eucaristía: don infinito de amor que transcende toda sabedoría humana.

Á mesma hora, (oito da tarde) o sábado hai vésperas solemnes e Misa, presidida polo Bispo de Lugo (tema: A Eucaristía, presenza real do Señor resucitado), e a Novena conclúe o domingo, cando presidirá D. Luciano Armas Vázquez, deán da Catedral, e que fai a homilia en torno á Eucaristía, acción de grazas a Deus.

Deixa un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

A %d blogueros les gusta esto: