Xornada da Familia

As parroquias de Teixeiro, Arcos, Dumpín, Pedreda e Rubiás, a cargo de Gerardo Sampayo, organizan a cuarta edición da Xornada da Familia. Será o día 18 de decembro no restaurante A Palloza, co seguinte programa:

  • 11h Charla “Casar pola Igrexa, ten sentido hoxe?”, por Martiño Rodríguez, director do Centro de Orientación Familiar Diocesano de Lugo

  • 11:30 Charla “A familia cristiá”, por Manuela López Besteiro

  • 12:30 Eucaristía presidida polo bispo Mons. Alfonso Carrasco Rouco

  • Os actos conclúen cunha comida de confraternidade.

Ceas solidarias e recollida de alimentos

CEAS SOLIDARIAS

A Milagrosa. Día 16 de decembro ás 20:30h. Achega de 10€

San Lourenzo de Albeiros: merenda solidaria o día 17 ás 19:30h. Achega de 5 €

San Antonio de Padua, Lugo: cea solidaria o 23 de decembro ás 21h. Achega de 15 €. Sortearanse dous vales para circuíto termal e comida no balneario de Lugo.

RECOLLIDA DE ALIMENTOS

Meira, Rábade e Sarria organizan recollida de alimentos coa “Operación Kilo”.

Melide: xa houbo o pasado martes reparto de bolsas de alimentos e tamén se organiza captación de fondos en empresas.

San Antonio de Padua, Lugo. Recollida de alimentos no supermercado “Froiz” da rúa Ramón Cabanillas os días 15, 16 e 17 decembro

Santiago A Nova: Recollida de alimentos os días 15 e 16

Encontro de Nadal do profesorado de Relixión

O 17 de decembro de 2016 no Gran Hotel Lugo terá lugar o encontro de Nadal do profesorado de Relixión da Diocese de Lugo. O programa é o seguinte:

  • 11,00 h. Oración

  • 11,30 h. D. Pegerto Torres Hermida: “Militancia docente e espiritualidade cristiá”

  • 12,30 h. Descanso – café

  • 13,00 h. Informacións varias

  • 14,00 h. Xantar de irmandade. Homenaxe ós compañeiros xubilados D. Alfonso Díez Yáñez e D. Luis Manuel Rodríguez Pérez. O primeiro impartía clases nas Mercedes, Lugo. Luis Manuel Rodríguez facía o propio no Instº Lucus Augusti.

Doce Nadal

Varias parroquias da Diocese organizan na terceira semana de decembro a campaña “Doce Nadal”.

Santiago A Nova: Un ano máis ofrécese a oportunidade de colaborar con esta campaña aportando/comprando algún doce caseiro, licores ou produtos ecolóxicos. A exposición dos diferentes produtos estará aberta desde o venres 16 ata o domingo 18.

San Antonio de Padua, Lugo: “Doce Nadal” os día 17 e 18 decembro antes e logo das misas: venda de repostería.

Silleda: Cáritas Interparroquial de Silleda organiza un mercado de produtos caseiros e artesanais os días 16, 17 e 18 de decembro.

Sementadores de estrelas

O sábado 17 de decembro, a partir das 11:00 h. a parroquia San Francisco Xavier de Lugo, será un dos puntos da Diocese no que os nenos sairán polas rúas para felicitar o Nadal en nome dos misioneiros diocesanos.

As parroquias de Melide e Lalín tamén organizan a campaña Sementadores de Estrelas.

A %d blogueros les gusta esto: