Vixilia de oración polas vocacións nativas

 

A Vixilia de oración polas vocacións nativas será o venres 20 de abril ás 20:30 na parroquia de San Francisco Xavier de Lugo.

No cartel vemos aos apóstolos iluminados pola luz do Espírito Santo. Esta escena pode axudar a preparar a festa de Pentecostés.

A imaxe da Virxe lembra aos fieis que María segue presente e activa na vida da Igrexa e dos cristiáns.

O día propio das Vocacións Nativas será o domingo 29.

Peregrinación ecuménica en Lugo

  Un grupo de 25 finlandeses que participan nunha peregrinación ecuménica estiveron en Lugo o día 17. Eran católicos, luteranos e ortodoxos de Oulu, (poboación que está a uns  poucos quilómetros do Círculo Polar Ártico) que viaxan a lugares onde nacen as raíces dos seus credos.

Buscan un entendemento maior entre todos.

Desde hai 50 anos está de novo en Finlandia a Igrexa Católica e aínda que hai un Bispo do país, a maioría dos católicos son estranxeiros, como o párroco que ía no grupo que estivo en Lugo, Bosco Thomas, que é da India. Tamén estaban acompañados por Alberto e María, un matrimonio español do Camiño Neocatecumenal en misión no país nórdico desde hai unha ducia de anos e que celebran o que os une ás outras confesións cristiás.

Encontros prematrimoniais en Lugo e Lalín

Durante a segunda quincena de abril teñen lugar varios encontros con parellas que van casar en Lugo e Lalín.

  • Na parroquia Bo Pastor os encontros prematrimoniais comezan o 14 de abril, com sesións matutinas de 11 a 14 h. e seguirá o 21 de abril todo o día (de 11 a 14 e de 16 a 19 h.). Para contactar está o teléfono 982 25 20 29.
  • Na parroquia de Nosa Sra. das Dores de Lalín (986 78 04 37) o inicio dos encontros será o día 16 de abril ás 20:30, continuando ata o día 20.
  • E do 23 ao 27 de abril será o curso para novos matrimonios na parroquia de San Antonio de Padua, de Lugo, ás 20:30.

Cursiño sobre “A realidade das drogas”

O Voluntariado Penitenciario Lucense organiza unha xornada de formación sobre “A realidade das drogas” o 14 de abril a partir das 10:30 h. no salón de actos de Cáritas na avenida das Américas, 93 – 97.

Entre as persoas que piden axuda aos colaboradores de Cáritas, do Voluntariado Penitenciario… un problema que poden ter é o consumo de drogas.

Cómpre, pois, saber detectar toxicomanías, orientar ás persoas e na medida e o posible guialas no camiño da desintoxicación.

Obxectivos do curso:

  • Facer ver a importancia e a necesidade da formación e a prevención.

  • Proporcionar as habilidades sociais adecuadas para o desempeño das súas funcións de forma adecuada, nos diferentes campos de actuación: no fogar familiar, establecementos de Cáritas, casas de acollida…

  • Facilitar os coñecementos necesarios sobre os recursos e estratexias a ter en conta para unha maior eficiencia.

A %d blogueros les gusta esto: