Exposición sobre emigración: Cardeal de Arriba y Castro

Desde o sábado 4 de marzo a igrexa de San Xoán de Becerreá acolle a Exposición sobre emigración: Cardeal  de Arriba y Castro. Ás 12 h celebrouse a Eucaristía presidida polo Vicario Xeral da Diocese, Mario Vázquez Carballo. E ás 16:30 h inaugurouse a mostra, cunha intervención do ex-presidente do Centro Galego de Barcelona, Manoel Carrete.

Estiveron presentes o alcalde de Becerreá Manuel Martínez e a alcaldesa de Triacastela Olga Iglesias.

A exposición poderá visitarse durante o mes de marzo de martes a sábados (de 18:30 h  a 19:30 h). Nela móstrase información sobre a emigración becerreense a Cataluña e a América, ademais de obxectos e documentos relacionados con Benjamín de Arriba y Castro, bispo de Mondoñedo e Oviedo, arcebispo de Tarragona e cardeal. O 8 de marzo cúmprense 50 anos do seu falecemento.

Celebración do Día de Hispanoamérica na parroquia da Pobra de San Xiao

O domingo 5 de marzo ás 12:30 h, na parroquia de Pobra de San Xíao celébrase a Eucaristía e unha homenaxe a misioneiros regresados. Despois, xente de distintos países de Hispanoamérica compartirán pratos típicos do seu país, co fin de que se coñeza algo máis da súa cultura.

Os misioneiros regresados ultimamente son:

Jesús López Pérez, sacerdote diocesano, pertencente á OCSHA (Obra de Coope-ración Sacerdotal Hispanoamericana). Estivo de misioneiro en Abancay (Perú). Re-gresó o ano 2018.

Manuel Rodríguez Castiñeira, sacerdote diocesano, pertencente á OCSHA (Obra de Cooperación Sacerdotal Hispanoamericana). Estivo de misioneiro en Arxentina. Regresou o ano 2022.

Adelaida López Quintela, Misioneira do Divino Mestre. Estivo de misioneira en Ca-merún e Rwanda (República do Congo). Regresou o ano 2019.

Manuel Varela Sánchez, pertence á Orde dos Frades Menores, Franciscanos. Estivo de misioneiro en Chabasquén (Venezuela). Regresou o ano 2021.

Angel Cacheda Lamas, pertence á Orde dos Frades Menores, Franciscanos. Estivo de misioneiro en Aragua (Venezuela). Regresou o ano 2021.

Exposición en Becerreá sobre a emigración: cardeal de Arriba y Castro

O domingo 5 de marzo ás 16:30 h na igrexa San Xoán de Becerreá inaugúrase unha exposición sobre emigración: Cardeal  de Arriba y Castro. Está organizada polo Cento Galego de Tarragona e a Federación de Entidades Culturais Galegas en Catalunya, Cóntase coa colaboración da Xunta de Galicia, o Concello de Becerreá e a Parroquia de San Xoán de Becerreá. A exposición poderá verse durante todo o mes de marzo.

Benjamín de Arriba y Castro naceu en Santa María de Penamaior en 1886 e faleceu en Barcelona en 1973. Foi cóengo, bispo de Mondoñedo e Oviedo, arcebispo de Tarragona e cardeal.

Celebración de San Mateo en Monforte

A tradicional romaría de San Mateo en Monforte comeza o mércores 21. Desde a Parroquia da Estación sáese ás 9:30 h en peregrinación ata o Santuario, que está en A Parte. Aquí celébrase a Eucaristía cada hora, sendo a última, ás 13 h, Misa solemne. O xoves 22 tamén se celebra Misa solemne ás 13 h

O festexo chamado San Mateo Pequeno celebrábase en tempos na localidade de Cinsa, Baamorto. A festa nacera cando xente de concellos veciños (Pantón, O Saviñao), que asistira ao San Mateo, regresaba a pé ás súas casas e descansaba en Cinsa.

Celebrábase tradicionalmente o seguinte domingo ao San Mateo, polo que este ano é o 25 de setembro. Ás 13 h celébrase Misa.

Unha das motivacións para recuperar o San Mateo Pequeno é divulgar o patrimonio histórico, cultural e paisaxístico local. Por iso, ás 11 h faise un percorrido guiado pola localidade e a súa contorna, lembrando por exemplo a tradición vitícola que houbo e a musical: zanfonista Amadeo Goyanes. Ademais, confeccionaranse uns arcos vexetais decorativos para celebrar o San Mateo Pequeno.

Celebración da Virxe da Saúde en Adai, Lugo

Os días 15 – 17 de setembro celébrase o triduo na honra da Virxe da Saúde en Adai (Lugo) ás sete da tarde, como preparación para a festa do domingo día 18. Nese día, haberá misas toda a mañá, a partir das 10, finalizando á unha coa bendición de todas as obras realizadas no templo; a tradicional “bendición de chaves” e a misa Solemne, que presidirá o Vigairo Xeral da Diocese Mario Vázquez Carballo.

A este santuario mariano, que dista tres quilómetros da cidade de Lugo, unido pola estrada das Saamasas a Ombreiro, á beira do río Miño, con abundantes sombras e varios asentos, achegaranse os seus devotos, sobre todo peregrinos de Lourdes.

En anos anteriores visitaron este santuario xentes de Baralla, Chantada, Sarria, etc. Este ano, que de novo celébrase solemnemente a súa festa, espérase que se acheguen maior número de hospitalarios de Lourdes, dado que non se peregrinou ao santuario francés.

O templo está totalmente renovado pois nestes últimos anos mellorouse o artesonado, a pavimentación; hai tribuna e tellado novos; pinturas, con nova cor no presbiterio…

A %d blogueros les gusta esto: