Programa da Semana Santa en Lugo



[DERCARGAR O PROGRAMA COMPLETO DA SEMANA SANTA DE LUGO]

 O día 7 de abril presentouse no Bispado de Lugo o cartel oficial e o programa da Semana Santa lucense deste ano 2011. Na presentación estiveron presentes o Bispo de Lugo, Mons. Alfonso Carrasco Rouco, a Xefa Territorial da Consellería de Presidencia de la Xunta en Lugo, Marta Barreiro, a Concelleira de Cultura do Concellede Lugo, Nuria Mundiña e o Coordinador de la Xunta de Cofradías, Ramón Basanta Piñerio.

 Do programa oficial, ademais do acto central, a Vixilia Pascual, Ramón Basanta, destacou o feito de que na procesión do Xoves Santo, no paso da Última Cea, dende 1963 está vixente o privilexio de trasladar procesionalmente a Sagrada Forma polas rúas de Lugo. Algo que dá singularidade á Semana Santa lucense.

  Pola súa parte, o Bispo, monseñor Alfonso Carrasco, mencionou outra procesión que tamén faría única á Semana Santa de Lugo é a procesión do Encontro, o domingo de Resurrección, na que Santa María vai ó encontro do seu fillo resucitado. Aínda que non é unha situación presente nos Evanxeos, calquera cristián pode pensar que tivo lugar. O señor Bispo tamén se mostrou admirado e agradecido a todos cantos colaboran na organización de todos os actos. E que algúns destes sexan na rúa fai máis educativa a Semana Santa.

Deixa un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

A %d blogueros les gusta esto: