Premiados no II Concurso de fotografía sobre Eucaristía e patrimonio relixioso

 O martes, 2 de xuño, o xurado do II Concurso de “Fotografía Eucaristía e Patrimonio Relixiosos en Lugo” (organizado dentro dos actos do IV Encontro Eucarístico Lucense), acordaron por unanimidade conceder os seguintes premios:

1. Apartado Patrimonio Relixioso

– Primeiro premio, dotado con 750 € e trofeo, á fotografía “Santo Estevo de Ribas de Miño” de José Manuel Otero.

– Segundo premio e trofeo dotado con 400 € á fotografía “Fonte de San Xorxe” de Óscar Abelleira Ferreirós.

2. Apartado Eucaristía en Lugo

– Primeiro premio, dotado con 750 € e trofeo, á fotografía “Peregrinos en Melide” de Germán Limeres López.

– Segundo premio, dotado con 400 € euros e trofeo, á fotografía “La Vigilia Pascual” de Eva Amoedo.

Os premios entregaranse o día 6 de xuño ás 12.30 h no salón de actos da Biblioteca Nodal (avda. Ramón Ferreiro). As fotografías premiadas, así como unha selección de todas as recibidas, quedarán expostas na citada biblioteca.

Este concurso convocado polo LEC pretende ser unha invitación aos artistas, profesionais ou afeccionados á fotografía, a fixarse no rico patrimonio cristián e eucarístico da nosa terra. Os organizadores agradecen a gran acollida prestada a esta iniciativa.

2 comentarios en “Premiados no II Concurso de fotografía sobre Eucaristía e patrimonio relixioso

  1. Aínda que soe a tópico e xa estea dito arriba, felicidades, tanto ós autores das poesías coma ós fotógrafos. Como podemos ler unhas e ver as outras os que non podemos asistir á entrega dos premios?

Deixa un comentario

%d bloggers like this: