Primeira xornada dos Días na Diocese

O día 12 foi o primeiro día completo da presenza en Lugo dos xoves que participarán na Xornada Mundial da Xuventude. O grupo estadounidense xa estivo facendo o Camiño de Santiago en días precedentes.

Ás once tivo lugar unha Eucaristía na Catedral, presidida polo señor Bispo. A recepción dos peregrinos pode verse en:

www.youtube.com/results?search_query=misa+bienvenida+ded+lugo&aq=f

Os actos trasladáronse a continuación ao Concello, onde dúas concelleiras deron a benvida aos mozos e mozas, regalando a cada participante un exemplar do libro de José Molejón sobre a Historia da ofrenda do Reino de Galicia ao Santísimo Sacramento. Un representante de cada país tivo unha breve intervención na que presentaban o seu lugar de procedencia e expresaban as súas expectativas sobre estas xornadas.

O resto da mañá pasárona os mozos e mozas no edificio da Xunta de Galicia. Alí foron recibidos por un representante do Goberno Autónomo que lles desexou o mellor para a súa estancia en Lugo e Madrid. Seguidamente visionaron un audiovisual sobre a Diocese de Lugo, especialmente a celebración da Semana Santa.

Esta primeira xornada remata ás 22 horas cunha Adoración e Exposición do Santísimo na igrexa de San Pedro de Lugo.

Deixa un comentario

A %d blogueros les gusta esto: