Preséntase o libro cos relatorios do I Encontro Eucarístico Lucense

Presencia real ponencias I Encontro Eucarístico Lucense

O venres día 30 de novembro ás sete da tarde, na libraría La Voz de la Verdad, presentouse esta obra que publican a Diocese de Lugo e o Centro Eucarístico Lucense e que recolle os relatorios realizados durante o Primeiro Encontro Eucarístico Lucense.

Interviñeron D. Javier Diéguez Diéguez, D. David Varela Vázquez, D. Mario Vázquez Carballo e Mons. D. Alfonso Carrasco Rouco

O Encontro fora aberto polo Bispo de Ratisbona, Gerhard Ludwig Müller, que contou episodios da súa vida que amosaban o cambio na liturxia nos últimos decenios.

Pola súa parte, o Decano da Facultade de Teoloxía do Norte de España, D. Francisco Pérez Herrero, falara dos testemuños que o Novo Testamento ofrece da Eucaristía e que son diferentes pero complementarias.

Outra intervención fora “A carne de Cristo: a fe eucarística como expresión da fe cristolóxica no I Milenio”, a cargo do director espiritual do Seminario Diocesano de Alcalá, D. Manuel Aroztegui Esnaola, que foi recollendo as ideas dun artículo de Joseph Ratzinger, “Orixe e natureza da Igrexa”.

O doutor en Sagrada Liturxia, Lino Emilio Díez Valladares, falara do Culto eucarístico fóra da misa, da súa tradición e a súa actualidade.

O Director do Secretariado de Liturxia da Conferencia Episcopal, Juan Mª Canals Casas, presentara os Congresos Eucarísticos como algo ao servizo da fe cristiá.

E da relación Arte – Eucaristía encargárase o Delegado Episcopal de Patrimonio Histórico-Artístico, César Carnero.

 

Deixa un comentario

%d bloggers like this: