Reapertura oficial no Corpiño da sección de Adoración Nocturna

Desde hai uns meses invítase a participar na Adoración Nocturna, cunha resposta positiva

O 16 de setembro no Corpiño reinaugúrase oficialmente a súa Sección Adoradora. Adoradores de Galicia asisten a este festivo acto para acompañar ao novo grupo adorador que reinicia a súa andadura da man da Nosa Señora do Corpiño.

PROGRAMA DE ACTOS

  • 18,30 h: Concentración de Adoradores e inscrición de Bandeiras na “Carballeira do Santuario”.

  • 19,30 h: Procesión de Bandeiras e rezo do Santo Rosario ata o adro do templo. Recepción por parte do Rector do Santuario e entrada pola Porta do Ano Santo.

  • 20,00 horas: Solemne Vixilia de Reinauguración coa celebración da Santa Misa con vésperas, exposición do Santísimo, oración de presentación de adoradores, oficio de lectura e quenda de vela, finalizando coa Procesión Eucarística, Bendición do pobo. Reserva e ágape fraterno.

    Para asistir a este acontecemento, o Consello Diocesano de Lugo dispón autocares que sairán ás 17h do citado día desde a praza de Bretaña, con paradas diante do edificio da Xunta, (Ronda da Muralla) e Fonte dos Ranchos, para recoller aos adoradores/as con praza reservada.

Deixa un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

A %d blogueros les gusta esto: