Recital de poesía eucarística no claustro da Catedral

Summa poetica 2

O 4 de xuño, antes das Vésperas Solemnes da Oitava do Corpus Christi, no claustro da Catedral terá lugar ás 18:30 h un recital poético – eucarístico baixo o título Summa Poética.

Ademais dos gañadores do certame literario convocado este ano polo Centro Eucarístico Lucense, recitarán poemas distintas persoas que nas súas vidas asumen de maneira especial a posta en práctica das obras de misericordia.

Tamén haberá momento para a música. Durante os recitados, Lucía Llano (violín) e Carolina Iglesias (violonchelo) interpretan música de J. S. Bach. E os intermedios musicais corren a cargo do Coro Infantil de Santiago a Nova, que interpretará espirituais negros e música gregoriana.

Deixa un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

A %d blogueros les gusta esto: