San Xosé, corazón de pai (e 3)

San Xosé é unha figura extraordinaria e á vez unha persoa moi próxima. Durante estes meses de pandemia, escribe o Papa, estamos a comprobar como a nosa vida está sostida e tecida por persoas comúns -correntemente esquecidas- pero que están a escribir hoxe os acontecementos da nosa historia (médicos, enfermeiras, forzas de seguridade, capeláns), todos os que están aparentemente ocultos teñen un protagonismo na historia da salvación, do mesmo xeito que o santo Patriarca. Neste contexto, Francisco presenta a paternidade de San Xosé baixo uns enfoques dignos de ser resaltadas para beneficio de nue, tra propia vida:

1.- Pai amado. A grandeza de san Xosé consiste en ser o esposo de María e o pai de Xesús. A súa vida iue un servizo á Encarnación e a súa vocación de amor doméstico posto ao servizo do Mesías. Por e1 papel que Xosé desempeñou na historia da salvación sempre foi amado polo pobo cristián como pai e protector.

2.- Pai de tenrura. Xesús viu a tenrura de Deus en Xosé. Esta tenrura coa que Xosé atendía a Xesús, dá ocasión ao Papa para referirse á tenrura con que Deus mira as nosas debilidades coa súa misericordia, especialmente no sacramento da Reconciliación. “Xosé ensínanos que ter fe en Deus e inclúe crer que el pode actuar mesmo a través dos nosos medos, as nosas fraxilidades, da nosa debilidade”

3.- Pai da obediencia. Xosé estaba moi angustíado polo embarazo incomprensible de María. A resposta de Xosé á vontade de Deus foi inmediata: “cando Xosé espertou do soño fixo o que lle mandara o anxo do Señor! Para fuxir a Exipto ou para volver á terra de Israel, obedeceu sen vacilar. En cada circunstancia da súa vida, Xosé soubo pronunciar o seu ” fíat” como María na Anunciación, e como Xesús en Xetsemaní. Xosé coñece a través de sucesivos soños o que Deus espera del en cada momento, a súa resposta é pronta e decidida, a pesar das dificultades que pode supoñer a súa obediencia.

4.- Pai na acollida. Ante feitos que non entende, Xosé acolle a María, sen poñer condicións previas, deixando de lado os seus razoamentos para dar paso ao que acontece, asume a responsabilidade. Acolle os sucesos, sen esixir explicacións. “Xosé deixa de lado os seus razoamentos para dar paso ao que acontece e por máis misterio que lle pareza, acólleo, asume a súa responsabilidade e reconcíliase coa súa propia historia”, un exemplo de realismo que non supón pasividade senón fortaleza. A fe dá sentido a cada acontecemento.

5.- Pai da valentía creativa. A seguinte actitude de Xosé relaciónase coa anterior; “necesitamos engadir outra característica importante: a valentía creativa”; é a través de Xosé, da súa valentía creativa, como Deus actuou ante o crime de Herodes; non necesita facer un milagre, porque Xosé “era o verdadeiro milagre co que salvou ao Neno e á súa nai”.

6.- Pai traballador. A Rerum Novarum de León XIII destacou a relación co traballo que caracteriza a San Xosé; “del, Xesús aprendeu o valor, a dignidade e a alegría que significa comer o pan que é froito do propio traballo”. O traballo convértese en participación na obra mesma da salvación, en oportunidade de acelerar a chegada do Reino para desenvolver as propias calidades poñéndoas ao servizo da sociedade. Todo isto mostra a necesidade de que ninguén quede excluído, e todos poidan contar cun traballo para o seu sustento e a súa realización persoal.

7.- Pai na sombra. Xosé preséntase como a sombra do Pai celestial na terra coidando a Xesús desde o seu nacemento. San Xosé é modelo de toda paternidade, unha tarefa que incumbe a todos pois, “todas as veces que alguén asume a responsabilidade da vida doutro, en certo sentido exercita a paternidade” e “a felicidade de Xosé non está na lóxica do auto-sacrificio, senón no don de si mesmo. Nunca se percibe neste home a frustración, senón só a confianza. O seu silencio persistente non contempla queixas, senón xestos concretos de confianza”.

Daniel García García

Director Espiritual Diocesano Adoración Nocturna

Deixa un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

A %d blogueros les gusta esto: